Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de diciembre de 2023
Condenado Sapoconcho!

Quixen analizar o percorrido do sapoconcho que vira saír dunha caldeira do Río Vello e perdinme. Perdinlle a pista, quero dicir. O moi condenado debía correr coma un lóstrego. Non me quedou outro remedio que pensar na lebre, claro. Coma quen que eu era a lebre. E o único que sentía era que eu me convertera nun pasmón, deixándome vencer por unha pobre e lenta tartaruga.
Pingas de Orballo Seguina polos carreiros de Barricobos e O Guichón. Cando cheguei á Tapada Nova dei volta e crucei para o Río de Vide e a Ponte das Cabras. Nada de nada. Perdera ó sapoconcho nun amén, nun chiscar de ollos. Tan só me quedaba mirar na Porfía e na Pitediña. Perdido por completo e coa angustia no peito. Sentei nunha parede dos Poulos e díxenme que ó mellor era el quen me atopaba.
Deixei que a música de Pink Floyd me amenizase, me recrease a tarde. Non tardei en caer durmido. Soñei coa tartaruga, que corría detrás de min, coa boca aberta e coa intención de morderme os calcañares. Sei que o sapoconcho non ten dentes, pero no soño eran afiados coma os dun can.
Espertei coa ansiedade zumbándome no peito e tamén sentín algo que se pousaba sobre a miña gorxa. Eran as patas dianteiras do sapoconcho ó que andaba a buscar. Miroume coa boca medio aberta e noteille algo así coma un certo brillo nos seus ollos. Seguro que estaba a rirse de min. Quixen darlle unha labazada, un sopramocos, pero... era tan bonito! Deixei que co seu fociño acariñase os meus beizos. Condenado sapoconcho! Malpocada tartaruga!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES