Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os arroutos intelectuais

miércoles, 20 de diciembre de 2023
A todos se nos escapou algún gas por algún lugar do corpo mais ou menos nobre. O caso acostuma a ser perdoable e comprensible pola propia natureza humana. Ánxel Fole contaba como nunha ocasión o feito de "esporretar" librou a un rapaz do servizo militar polo seu propio xenio. O capitán que lle tocaba sospeitaba que lle tomaba o pelo cando dicía que era xordo e mandou que cando fosen camiñando xuntos alguén tirara un foguete xusto detrás del. Así o fixeron e o rapaz non se inmutou e díxolle o xeneral "Ben se lle nota que é vostede militar porque o peido que botou cheira a pólvora". Fole conta que o xeneral riu e librou ao rapaz de facer o servicio militar.

Outra cousa son os arroutos intelectuais que buscan gañar e incluso eliminar ao contrario. Cando isto se fai nun cargo público, como é o de deputado, deberíase considerar moito mais grave posto que fala en representación dun conxunto de cidadáns. En cambio vémonos na realidade de que un cidadán pode ser condenado por un artigo ou unha canción e un deputado goza da inmunidade (pódese ler impunidade) que lle ofrece o cargo. Un cargo que, debido á estrutura dos partidos, ás veces convértese case en vitalicio.

Realmente debían ser exemplares pero nin o son nin se espera que o sexan e iso degrada a democracia. Non sei se volveremos a ver nun Parlamento aquela intelectualidade pulcra de transición. Tampouco sei se merecemos o que temos. O que si sei e que poderíamos esixir máis educación e sobre todo máis humanidade. Se cadra, se cada palabra tivera consecuencias retributivas para quen a pronuncia, a pulcritude sería outra.

É curioso que nunha democracia avanzada un cantor ou cantora teña que medir o que di, mentres que unha deputada ou deputado teña impunidade para dicir a primeira barrabasada que lle pase pola cabeza.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES