Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mero

miércoles, 13 de diciembre de 2023
A inmensa maioría de quen esto lea sabe que, se falo de Mero, teño que referirme a Baldomero Iglesias do Barrio, un vilalbés que se fixo Mestre e afincouse en Mesía para ensinar, formar familia, escribir, compoñer, e proclamar "urbi et orbi" amor pola cultura, devoción pola Terra Chá, entrega por Galicia e querencia especial pola terra Meroque o acolleu, á que pertence e enaltece.

Mero primeiro foi cantor (e Fuxan os Ventos e A Quenlla son probas irrefutables), logo músico (e quen cante O Carro, de Manuel María, estará cantando música de Mero, que o Manuel xa dicía que non estaba completo o seu poema sen o son que Mero lle asignou), e por fin poeta, con milleiros de poemas galegos no ser e no sentir, sensibles, vibrantes, con alma.

Porque Mero pon en todo o que fai alma, corazón e vida, e deso somos beneficiados cantos andamos ao seu arredor e compartimos querencias e ansias. E se a vida a ten compartida con Loreto e a súa ampla familia, a alma e o corazón están entregadas a dúas terras que o sosteñen e o inspiran: Vilalba e Mesía; dúas chairas que están medidas por ferrados de corazón e fanegas de alma.

Anda agora a asociación Obradoiro da Historia teimando por que Mero sexa declarado Fillo Adoptivo do Concello de Mesía, e agarda que os amigos de Mero - instituciòns e particulares- apoien a petición que van formular ao Concello para que se lle conceda esta distición. Quen opine, como opinamos todos os seus amigos, que Mero merece esa distincion non ten máis que mandar un correo a obradoirodahistoria@gmail.com .

Mero non di nada, pero déixase querer, como teñen que facer os merecentes de agasallo e teñen preto xente sensible que sabe o que hai que facer.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES