Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 14 de diciembre de 2023
Do pizarrín ó móbil

Sempre se dixo e se di que a vida son dous días. Ou un suspiro. Ou moi curta. O que pasa é que, nese tempo, neses dous días, ocorren unha morea de cousas e non sei cantos cambios. Penso, por exemplo, nos obxectos da escritura.
Quen, dos da miña época, non lembra aquelas pizarras cos seus correspondentes pizarríns. A ver, si, tamén Pingas de Orballohabía o caderno, o lapis, o bolígrafo; pero a pizarra usábase máis para as matemáticas, por aquilo de borrar unha e outra vez as operacións, os resultados, os erros; coa manga do xersei, coa man, mesmo co cuspe.
Chegou a máquina de escribir e todo consistía en darlle golpes a unhas teclas que, dependendo da velocidade, incluso ás veces se trababan, se pexaban. Sobre tal máquina quixen facer mecanografía para escribir ben cos dez dedos, pero só aguantei oito días na academia. Menos mal que quen me vía escribir con dous dedos (os dous índices ou furabolos) alucinaba a causa da miña velocidade. A proba está en que, no exame de mecanografía para a oposición de auxiliares, empecei cos dez dedos, mais paseime inmediatamente ós dous para escribir máis rápido e sen erros.
Chegou a máquina de escribir eléctrica e o ruído minguou, esfumouse. As teclas eran as mesmas e os furabolos tamén os mesmos. Con estas eléctricas, iso si, corrixíanse moi ben os erros; sen deixar pegada. E cando chegaron os ordenadores, todo empezou a revolucionarse a velocidades incribles. Aínda que hai que seguir dándolle ás teclas. O mesmo que nos móbiles. Certo, a ortografía nestes é para alucinar e estudar.
Como se ve, na vida dos dous días, o proceso da forma de escribir tivo o seu aquel e semella máis que longo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES