Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de diciembre de 2023
A Badana

Hai uns días, saíndo dun supermercado da Valenzá, non sei por que se me deu por insultar mentalmente a alguén coa palabra badana, a badana. Eu mesmo quedei un pouco pampo cando me dei conta da palabra que acababa de usar. Creo que desde que venderamos as vacas (en 1986, xa choveu) non a volvera usar e incluso ata me atrevería a dicir que nin oír. Porque, eu, a badana sempre a asimilei ás vacas.
Pingas de Orballo Segundo o RAG (o dicionario da Real Academia Galega), badana ten dúas entradas ou aceptacións. A primeira di que é a pel curtida de carneiro ou de ovella, de baixa calidade, que se emprega para forrar outros obxectos de pel, para encadernar, etc. A segunda entrada di que é a pel que cae pola parte de abaixo do pescozo do gando vacún. E pon de sinónimos barbada, barbadela, papada, papeira, papo. Como expresións, o dicionario sinala correr a badana e zurrar a badana. O meu insulto mental versaba sobre isto precisamente, o de zurrar a badana. Non sei, a alguén imaxinario o ameacei con zurrarlle a badana. Aínda que tamén lembro de rapaz que diciamos moito o de estirar a badana. ''Vouche estirar a badana'', en referencia, claro está, a zurrar.
Pero, canto tempo levaba sen saber nada desta palabra. Foi nomeala mentalmente e, zas, os recordos lanzáronse coma lóstregos á época de andar no monte coas vacas e, como non, andar arando ou cos carros de toxos, ou simplemente co gando na corte. Recoñezo que a badana sempre foi unha parte do animal, da vaca que máis me gustaba, polo seu bambán ó andar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES