Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confiaremos

jueves, 14 de diciembre de 2023
Está moi claro que a vida nos dá moitos sobresaltos.
Cada día aparece algo novo que nos supera.
NESTES TEMPOS QUE AS NOTICIAS CORREN TANTO, TANTO...!
A nosa cabeza non dá asimilado nin tanta información nin tanta desinformación, nin tanta información fraudulenta.
Neste mundo hai xente para todo.
Grazas que tamén hai xente con fé en si mesma e no futuro.
E tamén hai persoas que confían na Providencia divina porque, para elas, Deus é o Amigo que nunca falla.
Esas persoas non fan ruido.
Son persoas que traballan en silencio.
Son persoas que loitan contra vento e marea.
Parece que pasan de todo; pero nada máis falso.
As persoas que teñen fé en si mesmas e no futuro, loitan e confían.
Ese é o tipo de persoas que precisa a sociedade actual:
-CRIATURAS QUE SE APLIQUEN NOS ESTUDIOS E NAS BOAS MANEIRAS confiando que serán persoas de proveito o día de mañá.
-XUVENTUDE FORMADA E FORMAL, QUE FORME FAMILIAS ESTABLES: a célula básica que se tambalea hoxe en día.
-ADULTOS QUE NON DESFALEZAN ANTE TANTA INCERTIDUME, ante tanta mentira, ante tantos desenganos...
Afortunadamente: os adultos de hoxe en día xa teñen un criterio formado.
Ese criterio ten que prevalecer para que que se aguante en pé o edificio social.
-PERSOAS EN IDADE SENIL FIRMES NOS VALORES BÁSICOS DE CONVIVENCIA PORQUE SON A BASE DA PIRÁMIDE SOCIAL.
Temporal e vaivéns sempre os houbo e seguiraos habiendo…
O QUE CÓMPRE E AGARRAR FORTE O TIMÓN DA VIDA.
Nestes tempos tan convulsos é moi doado deixarse levar pola corrente do momento.
As persoas que pensen así, están moi enganadas.
A VIDA NO É DOADA.
TEMOS QUE CONSEVAR O QUE LEVAMOS CONSEGUIDO A TRAVÉS DO TEMPO:
- Hoxe en día temos máis adiantos que nunca.
- Máis comodidades que nunca.
- Temos máis formación que nunca.
- Vivimos mellor que nunca.
É O LEGADO QUE RECIBIMOS DOS NOSOS ANCESTROS.
Temos motivos para estar agradecidos.
SOMOS O FROITO DOS ESFORZOS DAS XERACIÓNS ANTERIORES.
E TAMÉN SOMOS AS RAÍCES SOBRE AS QUE TEÑEN QUE CONSTRUÍR O MUNDO AS XERACIÓNS QUE NOS SUCEDEN.
A vida é unha cadea.
A confianza é fundamental
Confiamos que todo irá ben.
Non vai a ir perfecto; pero ben pode ir.
BEN PODE IR SE POÑEMOS O EMPEÑO NECESARIO.

Ultimamente vense oíndo que a xente nova ten menos resiliencia que os seus pais e avós.
Compréndense porque teñen unha vida con moito menos esforzo físico, menos privacións, mellor alimentación e mellor sanidade.
Hoxe en día as máquinas fan moitos labores que antes se facían á man: sobre todo no sector primario.
Antes íase a pé: á escola, á misa, ás feiras, á vila máis próxima...
Só se collía un medio de transporte para treitos longos ou para emigrar.
Afortunadamene hoxe vívese doutra maneira.
HOXE CAMÍÑASE POR DEPORTE OU PARA BAIXA-LO COLESTEROL OU A GLUCOSA.
Lévase un nivel de vida moi diferente.
A vida de hoxe en día esixe menos esforzo físico.
Eso non significa que non haxa que esforzarse a outros niveis.
HOXE EN DÍA PRECÍSASE UNHA BOA FORMACIÓN PARA PRACTICAMENTE CALQUERA TIPO DE OFICIO.
Un xardineiro ten que recibir clases de xardineiría.
Un dependiente ten que ter uns estudios básicos.
Para moitos traballos precísase saber idiomas.
E para o traballo intelectual a formación xa ten que ser constante para estar ó día.
CAMBIOU MOITO A MANEIRA DE VIVIR.
PERO NON CAMBIOU TANTO O ESFORZO QUE HAI QUE FACER.
Por eso a xente nova debe prepararse para unha nova etapa que tamén se presenta moi prometedora.
Confiaremos no futuro e seguiremos evolucionando.

Evolucionar: si; pero conservar os bos fundamentos de todo, tamén.
O ser humano, o rei da Creación, leva moito tempo sobre a terra e sempre foi evolucionando con máis ou menos acerto.
A vida ten etapas.
A etapa que se nos presenta é un tanto incerta; pero non deixa de ser prometedora.
Confiaremos e farémoslle fronte.

"FARÉMOSLLE FRONTE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES