Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Museo Wolf Vostell de Malpartida de Cáceres

lunes, 11 de diciembre de 2023
Malpartida de Cáceres é unha pequena vila que dista apenas doce quilómetros da capital, e alí como perdido no medio da nada atópase o "Museo Wolf Vostell" de arte contemporáneo ao abeiro dunha adaptada edificación que outrora fora lavadoiro de lá nun lugar afastado da vila formando parte da comarca dos Barruecos, unha paisaxe de rochas graníticas onde se filmaron algúns capítulos da afamada série "Juego de Museo Wolf Vostell de Malpartida de CáceresTronos". Pois alí, solitário mirando á natureza, atópase este museo considerado como uns dos máis importantes museos da vangarda en Europa. E como andei hai pouco por terras de Extremadura e atopábame na cidade de Cáceres, decidín facer unha escapada a ese embremático lugar do que escoitara falar a un bo amigo. E alá fun.

No curto traxecto entre Cáceres e Malpartida intentei mentalizarme do que me ía atopar alí: arte contemporáneo e tamén conceptual que vai un poco más aló, e para cuxa contemplación fai falla abrir a mente e non quedar cos prexuízos que inevitablemente aparecen cando o que contemplas afástase moito do que coñecemos como arte clásico. Con esa idea entrei no museo.

E xa na primeira sala atópeime cunhas montaxes, iso que hoxe chaman "performans". que espertan poderosamente a atención: unha agrupación de televisores esnaquizados, coma un bosque de aparellos daqueles da nosa nenez, algúns coas patallas rotas, cheos de argamasa coma se estivesen plantados nunha leira. Logo unha parede cuberta de motocicletas, aquelas "Sanglas" que usaba a policía xunto a un automóbil que podería ser un "Chevrolet" tamén arruinado sobre centos de pratos brancos. E de súpeto un se pregunta se todo iso é arte ou quizá unha representación do linde a que pode chegar a imaxinación cando se lle da renda solta. En calquera caso unha iniciativa plausíbel dese artista que foi Wolf Vostell que se namorou dunha cacereña e tamén da paisaxe dos "Barruecos". Dende logo para a vila de Malpartida foi un activo a ter moi en conta porque a puxo no mapa dos museos vangardistas máis importantes de Europa.

Eu que viña de estar en Mérida inmerso no seu monumental Teatro Romano cuxa construcción data dos anos 16 e 15 a.C. no tempo no que a cidade pasa a ser capital da provincia de Lusitánia, de entrar tamén no seu formidable museo no que hoxe aínda están catalogando pezas que van aparecendo sobre as que pasaron máis de dous mil anos, ou mesmo pisar o Templo de Diana construído no século I, a miña mente ía enchida do clásico.

Despois de ver todo iso e de súpeto entrar no "Museo Wolf Vostell" de Malpartida e ver unha botella de Coca Cola con ás de cartón verdadeiramente custa cambiar o "chip" namentres esbozas un sorriso cómplice. O Museo paga a pena. Se teñen ocasión visíteno e xa verán.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES