Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A desorde humana

lunes, 11 de diciembre de 2023
A desorde humana Xa teño dous temas futbolísticos máis para este comentario semanal, pero non hai maneira; sempre aparecen outros asuntos que están máis á orde día. E por esta vez, a culpa segue a ser toda dese tal Netanyahu, que continua arre que dálle ó exterminio de Gaza.

A maiores, e entendendo que unha guerra case sempre (ou sempre) a forman os homes e loitan, maioritariamente, homes; ó final, quen as paga, son as mulleres e os nenos. Nesta guerra actual coa que nos está acostumando ese bicho raro, sete de cada dez mortos son mulleres e nenos. Coma sempre, pagando o pato con sangue, suor, dolor e morte os que, case se pode dicir, saben menos das guerras.

E sigo dicindo que a ver quen lle tose a Benjamin Netanyahu. Como dicía a semana pasada, quixo tusirlle un pouco o noso presidente Pedro Sánchez e o israelí xa se alporizou de carallo. Agora tocoulle a quenda a António Guterres, porque este seica quere impulsar un alto o fogo en Gaza. Ó secretario xeral da ONU, e por se non lle quedaba claro, tamén lle saíu rosmón os Estados Unidos. Normal, os dous países... xa o dicía aquel: Deus críaos e, eles, xúntanse.

Como Estados Unidos tamén di arre, pois a ver quen frea agora as ganas de xenocidio de Netanyahu. E non fai falta opoñerse de palabra que xa nos simples xestos dalgunhas concentracións en diversos países, estas son prohibidas ou máis que vixiadas. Non vaia ser que se ofenda a ese país xenocida e ó seu pai putativo.

Tamén hai outro país que, a maiores de estar en guerra (Rusia), quere cometer actos que, hoxe en día, xa é imposible entender. Resulta que varios cargos rusos piden que as mulleres rusas, non perdan o tempo na universidade, que, elas, viñeron a este mundo tan só para procrear, ou sexa, para parir. E todo porque seica hai crise demográfica nese gran país. Se piden isto, normal que rexeiten categoricamente o aborto.

Máis sobre a desorde da mente humana. Unha edil de Vox simula dispararlle a outra socialista en Moncada, unha vila de 2.000 habitantes a 14 quilómetros de Valencia. En detalles destes, de pasar á xente polas armas, xa lle teño incluso medo a certas dereitas, imaxinade se tal acción procede de Vox. A estes téñolle pánico. Como está o mundo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES