Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non ver

miércoles, 13 de diciembre de 2023
Hoxe é día de Santa Lucía, a patroa de todo o que ten que ver cos ollos e coa vista. Mini e Mero, nun libro adicado aos cantares de cego fan unha dedicatoria que é toda declaración de intecions. A dedicatoria reza: "Adicado aos que non ven, que pode ser unha desgraza e aos que non queren ver, que esa sí que é unha gran desgraza." Non sei se o padroado de Santa Lucía abarca estas duas tipoloxías o se cingue a aquelas persoas que teñen a discapacidade recoñecida pola seguridade social.

En todo caso está claro que hai persoas sen vista que abren moito mais os ollos da alma e do corazón, e con eles debuxan o mundo. Son moitos os exemplos presentes e tamén pretéritos. Eu quédome coa cega de Parga que tiña en miña avoa Florinda unha grande admiradora. Quizáis polo que se quedaba na sua casa cando viña facer as ruadas a Vilaxuste. A través da miña avoa teño a imaxe dunha muller loitadora que soubo criar a sua filla mais alá de todas as trabas que lle puso a vida. A partir de aquí, sempre admirei o xeito co que os cegos debuxaban a realidade con palabras. Abonda a nosa literatura popular para comprobar.

Por iso, hoxe, quero recordar ese mundo que aprendín da miña avoa e que está cheo de dignidade e loita. Por eles, difundirei a onde chegue que, como din Mini e Mero, non hai peor desgraza que non querer ver.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES