Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 07 de diciembre de 2021
Daquela

Daquela souben que todo estaba aí: o carril da bici nun camiño de carros, o pararraios no fondo do pozo da Pillamadoira, a flor do toxo no campanario da igrexa de Baños de Molgas, a nostalxia no calo do pé esquerdo, unha bágoa, tan só unha no título dunha canción, un fouciño colgado da lareira, os chourizos espallados polo pinallo dun carro, un gol entrando por unha canastra, Supermán aterrando na Perla Negra e un espello cheo de bafo deixando intuír un corpo de muller espido, nu. O silencio asenta na algarabía dos meus pensamentos.Pingas de Orballo
Daquela souben que o meu universo si é finito e que o soneto non leva máis alá de catorce versos. Ninguén debería nunca imaxinar que, de cando en vez, chove no deserto ou que as rulas non coñecen nada máis que as gaiolas nas que dormen. Saber, iso si, que despois do día chega a noite e que un vestido azul bambea, cimbra sobre un corpo de muller perfecto. Non todos os saloucos saen do mesmo peito nin todas as argolas serven para reter os becerros. Que chova ou que deixe de chover, sobre o ruído adáptase, axústase, acomódase o silencio.
Daquela souben que a melancolía é o pracer de estar triste; dicía aquel. E o tempo pasa amodiño cando na realidade a tartaruga pega un esprinte polo parque das Mestras. E entre carballo e carballo, entre pedra e pedra a morriña deixa caer a corna sobre a almofada do silencio. Ó final todo é silencio en todo o que estaba aí: no carreiro que se volve estrada, no sacho que fai de aixada, na esperanza que quere traspasar o bafo, na lúa nas súas catro fases e na esaxeración nunha tinta que caeu sobre un papel en branco. Daquela todo acaba.

Non se lle nega a ninguén

Díxenlle adeus a aquel co que me crucei. Cando se di adeus é porque, un ou outro, marcha. Ou os dous. Si, ás veces tamén se lle di a un grupo ou mesmo a unha multitude. Pero sempre porque alguén marcha.
Un saúdo ou unha despedida non se lle nega a ninguén. Eu polo menos intento non negarllos, a non ser que estea tan despistado que se me pase. Que todo pode ser. Pingas de Orballo Eu, por saudar, ata saúdo a aqueles que non quero ou non debería saudar. Intento facelo sempre só que sexa para amolalos, para xiringalos. Recoñezo que o fago con mala intención, pero non quero recuar ante o lema de non lle negar a ninguén o saúdo.
O saúdo debería ser enérxico, sen medo, sen vergonza. Un ola, un que hai, un que tal, un que pasa, un como vai... con forza e serenidade! Que non nos saia con voz de pito. O mesmo digo das despedidas... adeus, deica logo, chao, abur, deica mañá. E aquí tamén se pode soltar algo así coma unha broma: marcho pola sombra (cando chove), marcho a ver se me mollo (cando hai sol), marcho para Cachamuíña (cando vou para calquera lugar). O de Cachamuíña é unha ladaíña que me gustou sempre. Porque me gusta o nome de Cachamuíña. Certo que con esta despedida despisto a moitos; pensan que realmente largo para esa aldea do Pereiro de Aguiar. Ás veces chega cun sorriso ou cunha gargallada para deixar caer que o de Cachamuíña é un dicir, unha despedida.
Saúdo ou despedida, despedida ou saúdo, lembrade, non se lle nega a ninguén. A ninguén.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES