Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exterminio humano, exterminio lingüístico

lunes, 04 de diciembre de 2023
Tiña intención de falar de fútbol, máis en concreto dos afeccionados ó fútbol, pero os acontecementos semanais, principalmente os da guerra de Israel, fanme cambiar o tema. E iso que xa denunciei varias veces tal guerra, tal xenocidio, pero é Exterminio humano, exterminio lingüísticoque o Netanyahu ese segue dálle que dálle ás súas animaladas. Mentres o exército israelí descansaba por un lado (nesa prórroga acordada con Hamás), atacaba por outro, a Cisxordania. Tivo que atacar porque, segundo propias palabras de Benjamin Netanyahu, "se non se loita contra os bárbaros, ganarán". Pois case ten razón... hoxe deberían os demais países occidentais atacar a Israel porque xa se demostrou que son moito máis bárbaros que os terroristas de Hamás.
Quen se atreve a atacar a Israel? Quen lle busca as cóxegas ou quen lle cata as pulgas a Estados Unidos? Aínda que é verdade que non fai falta poñer de escusa ós ianquis, cando a nosa dereita española xa se alporizou unha barbaridade porque Sánchez, o presidente do Goberno, insinuou que Israel non estaba a actuar ben. Agora ese país xenocida semella que quere romper relacións co noso, algo que, claro, sería moito peor que unha irritación para o señor Feijóo. Eu, sinceramente, clamo a Deus para que se rompan. Non quero saber nada dun país que fai de Gaza un campo de concentración. Todos sabemos o que é un campo de concentración.
Exterminio humano, exterminio lingüísticoXa non vou dicir nada máis do que xa dixen con respecto á comunidade internacional (de que mira para outro lado), porque é verdade que sería como predicar no deserto. Tan só queda aguantar e sufrir cos palestinos unha situación que vai máis alá da propia guerra. Iso é un exterminio sabido, escrito, falado e televisado.
E remato con outro exterminio: o lingüístico. A Real Academia Española da Lingua acaba de admitir unha morea de palabras novas nas que entran, faltaría máis, algún anglicismo. Isto dáme pé para criticar unha vez máis a aqueles que case arman unha guerra polo uso das linguas de España no Congreso dos Deputados. Seica era como tirar a casa pola ventá por culpa dos "pinganillos". Cando resulta que a maioría dos "renegados" enchen os seus escritos e as súas expresións con anglicismos e sen importarlles que estes, non só invadan as linguas minoritarias, senón incluso a esa lingua que tanto aman e defenden. Mesmo os propios medios de comunicación, nos seus titulares!, xa usan os anglicismos a darlle cun saco. De pena.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES