Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confesados

lunes, 04 de diciembre de 2023
Novo goberno en España e nova presidencia en Arxentina, son puntos de referencia para a actualidade destes tempos, destacando a disparidade en canto á tendencia política dos gobernos, e a concordancia do impacto social e comezo de tempos novos en ámbolos dous paises, que se o de España nos afecta de xeito directo, o de Arxentina, quinta provincia galega, non pode sernos alleo.

Non concorda o tempo de escrutinio electoral nos dous procesos, xa que nas eleccións hispanas o resultado estivo no aire ata o final do reconto mentras nas arxentinas o entusiasmo dos vencedores non tivo que agardar moito, e o perdedor felicitou a Milei case no momento do peche dos colexios.

Enténdese que Arxentina, cansa de gobernos ineficaces para a solución dos graves problemas que a aqueixan, elixiu o que consideraría o mal menor, para que sexa un revulsivo que sacuda a economía e a vida do país tentando un cambio radical para mellor, confiando en quen ofrece privatizacións, dolarización e durísimos recortes, esgrimindo unha motoserra, créndose elixido por Deus para o salvamento da patria.

Milei na Arxentina vai ter moitas dificultades para cumprir o prometido na Campaña electoral, por depender das nacións veciñas, dos poderosos do morte e dos organismos supranacionais. En España, pola contra, as dificultades de Pedro Sánchez vanse centrar nos compromisos políticos, en comprometidas concesións, que nin tolo houbese ousado prometer na campaña electoral. Tendo en conta a fe cega de Milei, arxentinos e hispanos sempre podemos dicir que "Deus nos colla confesados!".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES