Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A liña do tempo en Aurora Sampedro Piñeiro

lunes, 04 de diciembre de 2023
De forma resumida, describo os fitos determinantes na historia de vida de Aurora Sampedro Piñeiro: estudos, carreira profesional, laboral e investigadora.

A escola do Canteiro

A infancia de Aurora, foi semellante á das nenas e nenos galegos, nados no medio rural, en torno ao ano 1913. Aurora era a menor de seis irmáns, comezou na escola do "Canteiro" de San Pedro de Benquerencia, entre os oito e os nove anos de idade.
No Canteiro as aulas do ensino, impartíanse desde o ano 1907. As escolas estaban situadas no segundo andar do edificio do "Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia". Institución creada a expensas do Centro de Benquerencia Sociedad de Instrucción y Recreo de la Habana.
Varios deberon de ser os afortunados desa nobre iniciativa. Eu céntrome en Aurora, aquela rapaza lista, curiosa, disciplinada e aplicada nos estudos, que anos máis tarde sería licenciada en Ciencias Químicas, Doutora na mesma rama, Investigadora de prestixio internacional e Académica.
A persoa que descubriu o talento e as potencialidades de Aurora, foi a súa mestra, Dona Juanita, e así llo fixo saber aos seus pais, cando tiña a idade de dez ou once anos, ela mesma ocupouse de preparar a Aurora para os exames de bacharelato elemental por libre, no Instituto de Lugo.
"La Voz de la Verdad", do día 30 de maio de 1930, confírmanos o aproveitamento por parte de Aurora das ensinanzas de Dona Juanita, muller visionaria e altruísta:
"Tras brillantes ejercicios ha terminado el Bachillerato elemental con nota de sobresaliente en los cuatro grupos que le faltaban, la Sta. Aurora Sampedro Piñeiro, a la que enviamos nuestra enhorabuena".

Madrid

O seguinte fito determinante do seu itinerario formativo está en Madrid. No ano 1930. Aurora con dezasete anos, comeza unha nova etapa de formación e estudo, lonxe da súa terra, na que vai ter múltiples oportunidades para potenciar o seu talento, ao confluír tres variables determinantes: A Residencia de Estudantes, o Instituto de 2ª ensinanza, que nese curto espazo de tempo tivo tres nomes: Infanta Beatriz (1929), Liceo (1930), Instituto Cervantes 1932) e a Universidade Central.

Residencia de señoritas

A versión feminina da Residencia de Estudiantes foi a Residencia de Señoritas, fundada no ano 1915. A misión da Residencia era a de impulsar a educación, a formación e a dedicación a ciencia en plena igualdade da muller co home.
A Residencia de Señoritas, contaba con biblioteca, salas de estudo, espazos de lecer, medios materiais, actividades lúdicas e científicas, que confluían para crear unha atmosfera onde se respiraba liberdade. O ideario da residencia estaba ligado á "Institución Libre de Enseñanza". Aurora compartiu este espazo plural, creativo e innovador durante cinco anos (1930-1935).

Instituto de segunda ensinanza Infanta Beatriz

Nos curso académico 1930-31 e 1931-32, Aurora realizou os estudos de Bacharelato Universitario no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza, denominado de tras formas: Infanta Beatriz; Liceo e Cervantes, estudos que finalizou, con éxito o 31 de maio de 1932. O título foille expedido o día 22 de xullo dese mesmo ano.

Universidade Central

No curso académico 1931-32, ademais das materias do bacharelato universitario, Aurora aprobou por libre en xuño, catro do primeiro ano da licenciatura de Ciencias Químicas: Matemáticas especiales 1º; Química experimental; Geología e Biología.
Continuou cos seus estudos na Universidade Central os cursos académicos: 1932-33; 1933-34 e 1934-35.
A materia de debuxo lineal, Aurora cursouna na "Escuela de Artes y Oficios de Madrid", e validouna o curso 1932-33.

Oviedo

A experiencia de Aurora, en terras asturianas, foi curta, intensa e gratificante.
O día 10 de outubro de 1935, solicitou o traslado do seu expediente desde a Universidade Central (Madrid) á Facultade de Ciencias Químicas de Oviedo, onde se matriculou no curso 1935-36.
O intervalo de tempo que durou a Guerra Civil (1936-39), privouna de continuar cos estudos, que reiniciou no curso académico 1939-40 e finalizou no seguinte.
Aurora conseguiu o título de Licenciada en Ciencias Químicas, coa nota de sobresaliente o día 25 de xuño de 1941.

Madrid: Universidade Central

Na Universidade Central realizou os estudos de doutorado no curso académico 1941-42. Cursou as catro materias académicas: Análisis químico especial; Química Biológica e Mecánica Química, que precisaba para iniciar o traballo de investigación da tese de doutoramento.

Boal e Vegadeo

A información oral facilitada por Francisca Díaz Sampedro (Paquita), sobriña de Aurora, axudoume a completar a actividade de Aurora que vai desde a finalización da licenciatura na Universidade de Oviedo (1940-41) e os cursos de doutorado na Universidade Central (1941-42), ata o curso 1944-45, no que comeza a investigación práctica, no Instituto de Física-Química "Gregorio Rocasolano", do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
"Aurora unha vez finalizada a carreira deu clases en Boal e en Vegadeo, un periodo curto de tempo, sería un ano en cada sitio".
Da estancia en Boal, non conseguín información, en cambio, da de Vegadeo recollín a testemuña de don Emilio Pérez Fernández de noventa anos, alumno do Liceo Asturiano, que cando iniciou os estudos, con nove ou dez anos, lembra que: "en el piso de arriba impartía clases a los mayores Doña Aurora".
Non se conserva o arquivo, cos nomes dos profesores, dos anos que supoñemos que impartiu clase Aurora, por os nosos cálculos debeu de ser: Curso 1942-43 en Boal e o seguinte en Vegadeo.

Madrid

Aurora retorna de novo a súa universidade de orixe, para realizar os estudos de investigación da súa tese doutoral. Ese é o inicio dunha intensa e brillante carreira investigadora de ámbito internacional.

Consello Superior de Investigacións Científica (CSIC)

Comezou a traballar no Instituto de Física-Química "Gregorio Rocasolano", do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), na sección de Espectro-química, o curso académico 1944-45.
Aurora, inicia o traballo práctico da súa tese de doutoramento: "Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal", dirixida por o Dr. Ángel Santos Ruíz da Facultade de Farmacia e o Dr. Juan Manuel López Azcona do Instituto de Física-Química "Gregorio Rocasolano".
Os estudos sobre oligoelementos continuaron os cursos 1945-46 e 1946-47. Aurora, consegue o título de Doutora en Ciencias (Sección Químicas) pola Universidade Complutense o 16 de febreiro de 1948.

Escuela Normal del Magisterio Primario nº 2 de Madrid

Aurora, durante o curso académico 1946-47, compatibiliza os estudos da tese de doutoramento no Instituto de Física-Química "Gregorio Rocasolano, cos estudos de Maxisterio.
No arquivo da Universidade Central: Agucm 66-00-475, consérvanse o expediente nº 2027 de Sampedro Poñeiro, Aurora, con seis documentos, que acreditan os estudos de Maxisterio, que a ben seguro finalizou, dado que están incorporados a acta de nacemento e o certificado médico. Documentos oficiais, que era necesario aportar, unha vez superadas todas as probas.
Documentos do arquivo Agucm 66-00-475:
- Escuela Normal de Magisterio Primario nº 2 de Madrid. Expediente 2027 de Sampedro Piñeiro, Aurora.
- Certificación académica personal do Instituto de Enseñanza media "Cervantes", con data 28 de abril de 1947.
- Instancia de Aurora a directora da "Escuela del Magisterio María Díaz-Jiménez" de Madrid, de data 30 de abril de 1947, onde, expón e suplica. Expone: que desea dar validez académica a los estudios hechos por enseñanza no oficial (...). Suplica: se sirva admitirle a los exámenes de enseñanza no oficial que han de verificarse en el mes de junio (...);
- Certificación da directora do "Grupo Escolar Menéndez Pelayo". "La señorita Aurora Sampedro Piñeiro ha venido realizando las prácticas en la enseñanza correspondiente a la Carrera de Magisterio, distinguiéndose por su constancia en el trabajo y por su vocación a la enseñanza". Data 15 de maio de 1947.
- Certificado en extracto de acta de nacimiento e Certificado médico oficial.

Boletín Oficial do Estado

Os Boletíns Oficiais do Estado números 170 e 50, apórtanos información, nun momento, que Aurora, debía de ter dilemas coa dirección da súa carreira profesional. Trátase das Oposicións a Cátedras de Químicas para Institutos Nacionais e a do Corpo de Contadores do Estado, que con moita probabilidade, non se presentase a ningunha delas, por ter aprobada, ou en perspectiva, a oposición de doutora en química ao Laboratorio Central de Renfe, dada a súa paixón pola ciencia e a investigación.

Laboratorio Central de RENFE

A incorporación ao Laboratorio Central de Renfe, por oposición, como doutora en químicas, a finais dos corenta ou principio dos anos cincuenta do século pasado, foi clave para o seu desenvolvemento: profesional, laboral, académico e investigador.

Fundación Juan March,

Aurora, no ano 1961, consegue a prestixiosa bolsa de estudos da Funadación Juan March que lle aportou recursos económicos para continuar coas investigacións nas diferentes aliaxes de metais, e poder seguir aportando valor a ciencia.

Académica de Ciencias Experimentais.

"Por sus aportaciones a la ciencia en los campos de la nutrición y de la automoción, en 1977 la Real Academia de Doctores de España nombró a Aurora Sampedro Correspondiente de Ciencias Experimentales".
Faleceu en San Pedro de Benquerencia, concello de Barreiros (Lugo), o día 23 de setembro de 1996.
Visualizar de forma resumida a historia de vida de Aurora Sampedro Piñeiro, produce un gozo inmenso, ao ir descubrindo como ía medrando o seu talento, parello a madurez: persoal, profesional, académica e investigadora.
A grandeza de Aurora, muller adiantada ao seu tempo, creativa e innovadora, traballadora incansable e visionaria, que sen perder a súa esencia, volvía a súa terra cada verao para descansar ir a praia e o monte, nadar e camiñar, falar cos veciños e ser unha máis na comunidade que a viu nacer e morrer e a que se sempre sentiu vinculada.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES