Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra el tiempo. Filosofía práctica del instante

viernes, 01 de diciembre de 2023
O libro de Luciano Concheiro é cortiño. Lese ben. Finalista do Premio Anagrama de Ensaio.

Reflexiona o autor sobre as présas, sobre un mundo embriagado de velocidade. E atopa na aceleración o trazo que mellor define a nosa época e a deriva dun planeta enfermo.

Política, economía, relacións sociais, modas, consumo, o corpo, todos os escenarios da epopea humana semellan condenados a correr, a non poder deterse para non caer, a pisar o acelerador. Como se a velocidade fora a vida. Como se o paso pausado levara á morte.

Analiza Concheiro desde o seu prisma as etapas do capitalismo. O industrial, o tecnolóxico, o financeiro. Sempre coa mesma obsesión polo beneficio, pero cada día máis urxente, máis desesperado, máis acelerado.

Tamén a política ten postas orelleiras curtopracistas. Nada de políticas a longo prazo. Ancorada no presente é incapaz de prospectiva. Políticos oportunistas, coa vista posta nas próximas eleccións, apartan aos estadistas.

Tado vai pasando factura. Vivir nun mundo enfermo pola présa, pola aceleración provoca individuos alineados, estresados, dependentes de tranquilizantes e euforizantes. Semella que a obsolescencia programada, ou o mundo do efémero nos obxectos vale tamén para as relacións sociais, para o mundo laboral, mesmo para as relacións amorosos. Todo resulta efémero, ancorado no carpen diem, ou como recorda Zygmunt Bauman, todo é líquido.

O autor atopa unha táboa de salvación nunha filosofía no que o tempo deixa de transcorrer: a filosofía do instante. A súa proposta de resistencia tanxencial éche bo antídoto para un mundo fusco, para este camiñar a cegas que, no lombo da aceleración, non leva a ningures.

'O principiño', de Saint-Exupéry rexeitaba as pílulas contra a sede que aforraban cincoenta e tres minutos semanais. Prefería gastalos camiñando paseniñamente cara a unha fonte.

Concheiro propón experimentar o instante no que os minutos deixan de correr, o reloxio perde as agullas e toda aceleración resulta imposible.

'Contra el tiempo. Filosofía práctica del instante', de Luciano Concheiro. Ed. Anagrama.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES