Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de lecer

miércoles, 06 de diciembre de 2023
Moitas persoas empezamos hoxe un "acueduto" que semella a forma perfecta de poñerlle un bo preludio ao nadal. Quizais, visitando algún lugar fermoso ou aproveitando relaxarse nun balneario. Un servidor di o que lle gustaría facer porque, en realidade, vai aproveitar para meterse en vea unha dose anticovid que quizais o tombe un día ou dous; pero, nin ese pequeno elixir que entra no corpo para provocar un KO, ao mellor non me deixa aproveitar estes días.

Non en tanto, convén reivindicar a necesidade do descanso e do lecer. En primeiro lugar, porque disque hai que favorecer ao consumo e, en segundo lugar, porque o descanso é un dereito humano que temos que ter sempre presente. Moito me doe cando determinados sectores se queixan das vacacións sen ter en conta que son unha necesidade humana que tamén nutre ao sistema capitalista e, concretamente, ao sector do turismo.

Un bo tempo de lecer é un dereito fundamental, loitado e logrado tras moitas suores. O tempo de lecer nunca foi agasallo senón que as xeracións que nos precederon conseguírono como un dereito. Un dereito, insisto, do que o capital tamén saca rendemento. Polo tanto, descansemos por dereito e gocemos uns días lonxe das rutinas que día a día compoñen a nosa existencia de traballo, ledicias e tamén preocupacións.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES