Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 30 de noviembre de 2023
Todo a medias

Botóuseme o tempo encima. Tamén é certo que foi porque quixen facer moitas cousas. Quixen. Quedou practicamente todo a medias. Que se un papel aquí. Que se un dato alá. Que se unha rúbrica neste. Que unha próxima documentación. Que se unha cita fisicamente. Que se unha solicitude á carta. Que se un escaneo para isto e unha fotocopia para aquilo. Que se a ladaíña de "volva vostede mañá".
Case todo a medias. Agora queda seguir matando a cabeza porque esas medias hai que rematalas Pingas de Orballodixitalmente, pola Internet. E con esta todo é moi bonito e incluso rápido cando vai ben e cando acaba ben. Pero coa informática pasa ás veces coma coa igrexa: que con ela topamos. Chega un algoritmo, un acento, unha maiúscula, un punto, un algo para que o aparello se negue a seguir. E volta a empezar. E non hai maneira.
Non habendo maneira, hai que volver ó primeiro parágrafo para mirar de completar esas medias que quedaron. Que, ó mellor, tales medias quedan noutras medias e xa estamos co conto de nunca acabar, é dicir, que nin calcetín nin rabo de gaitas. Por veces, os trámites coa administración son coma labirintos dos que tardas en saír. Se saes.
Botóuseme o tempo encima. Entre trámites e recados. Porque, pola mañá, se o asunto foi de trámites, pola tarde, a cousa foi de recados. Estes, si, por sorte, saen á primeira. Aínda que, eu, ás veces, queira que se me esqueza algo. Coa intención de que, ó chegar á casa, ter que volver a completar ben os recados ou facer o que se esqueceu. Lembrar que sempre lle tiven medo a que me caera a casa encima. Sigo a terlle medo. Mellor andar fóra, de can.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES