Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 29 de noviembre de 2023
Ponte dereito, raio!

Miña nai sempre me dicía: ponte dereito, raio, que vas criar chepa! E púxenme tan teso que teño o óso da soá máis que escarallado. De cando en vez, doe. E de cando en cando, pega unha estirada. Mellor aínda, pego eu a estirada.
Sendo aínda rapaz notei que algo non cadraba. Que non tardei en deixar de ser porteiro de fútbol porque daba cabezadas contra o traveseiro. Ós poucos meses Pingas de Orballorenunciei ó baloncesto por culpa de topar contra as canastras. Entenderedes que fose entón campión olímpico no salto de altura e en pértega. Só puiden participar nunhas Olimpíadas, pois xusto cando cheguei á maioría de idade tiven que deixar todos os deportes e, practicamente, todas as actividades debido a que a miña altura era tal que xa conseguía repenicar as campás da igrexa de Baños de Molgas desde o propio atrio, facendo significar que o campanario está a 30 metros do chan. Asusteime, como non me ía asustar!
E asustado sigo porque, aínda por moito que se diga que os corpos, coa idade, encollen ou nos fan agachar un pouco o lombo, eu, pasados xa os sesenta, sigo crecendo de tal forma que non tardarei en poder tocar a lúa. E se vivo o que sempre digo que vou vivir (123 anos), fixo que serei o primeiro humano en bailar sobre o anel de Saturno.
Por todo isto, teño que acordarme á forza de miña nai e da chepa. Púxenme, sigo tan teso que non sei se o óso da soá alcanzará eses presuntos 123 anos. Moito peso, moito esqueleto sobre o meu lombo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES