Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Bítere de Honra 'Aurora Sampedro Piñeiro'

lunes, 27 de noviembre de 2023
A creación do premio "Bitere de honra", é o novo fito no "Universo Aurora Sampedro Piñeiro", que se engade a conferencia e a ofrenda floral do pasado día 28 de outubro no Canteiro de San Pedro de Benquerencia, agora ben o Bítere de Honra e a próxima publicación do libro "Aurora Sampedro Piñeiro. Muller de ciencia adiantada ao seu tempo", ademais agardamos, que antes de que finalice este ano, o Concello de Barreiros a nome Filla Predilecta e a Xunta de Galicia a teña en conta para o día da Ciencia do próximo ano.

Establecer o ritual do "Bítere de Honra" foinos doado, estivemos asesorados por Alfonso Blanco e Xulio Xiz, e seguimos o procedemento da "Navalla de Manuel María", que con O Bítere de Honra 'Aurora Sampedro Piñeiro'tanto acerto implantaron os amigos da Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos, fai dezanove anos.

Mudamos o símbolo físico da Navalla por o do Bítere, en cambio o fondo e o mesmo. Lembrar a memoria dunha persoa significativa, ética, íntegra, nobre, xenerosa, carismática, entrañable, que deixou un legado e que a rememoramos nunha data sinalada, ao incluír a ofrenda floral, ao igual que no ritual da navalla de Manuel María, decidimos por o día do seu pasamento. No caso de Aurora, o día 23 de setembro.

A Navalla de Manuel María, e o medio que el sempre utilizaba, para partillar os alimentos que se ían consumir na mesa, principalmente o pan do inicio e o queixo da sobremesa, por costume nunca utilizaba o coitelo que nas fondas e restaurantes, acompañaba ao garfo e á culler,

O Bítere, na Mariña ten varias propiedades:
- Atractor: como o imán, que atrae a sorte, o amor, a fortuna, a abundancia e a saúde. Similar a función do trevo de catro follas.
- Escudo protector, a modo de Anxo da Garda, detente contra as tentacións do mal, protexe o espazo sagrado, evita o mal de ollo e as tentacións, que levan aos efectos negativos, tanto propios como alleos.

As persoas ou colectivos, merecentes desta distinción, deben de ter unha consideración tanto pública como privada de idoneidade, (non é compatible ser un xenio e ao mesmo tempo un maltratador), que destaquen nos escenarios das letras, das artes, no amplo sentido), valores humanos, labor social. Trátase de persoas éticas, íntegras, que aportan valor a sociedade, ca súa obra e a súa testemuña.

A mesma distinción concédese "in memoriam", en memoria ou lembranza, a título póstumo de alguén merecente deste galardón.

A navalla de Manuel María, está moi centrada na Terra Cha, o Bítere de Aurora Sampedro está creado para un mundo sen fronteiras, anque o seu referente é a Mariña, ademais dos valores anteriores, prémiase de forma especial, todas as investigacións relacionadas coa vida e a obra de Aurora Sampedro.

Ao meu entender a palabra Bítere, (Bolma rugosa, nome científico) ten un substrato indoeuropeo, o prefixo "bi", significa dous, que se conserva no euskera actual, este símbolo atractor do ben e protector do mal, ten connotacións milenarias, que ven debeu de formar parte de rituais de fertilidade e de defunción, como protector da vida e do máis alá, que ao vir do mar, tamén axudaba a cruzar o océano.

O maior misterio das culturas primitivas, era cando acompañando ao Sol chegaban ao "Finis Terrae", e por a tarde comprobaban que este se metía no mar e ao día seguinte aparecía de novo polo leste.

O acto da entrega da navalla de Manuel María ten catro partes interrelaciconadas, que eu vivín e describín no artigo de Galicia Digital, o día 11 de setembro de 2023*, co título "Xurxo Souto e Suso Fernández: premios Manuel María 2023", e que acompaño como anexo documental. Os catro espazos do ritual da "Navalla de Manuel María" tamén os podemos trasladar ao escenario do "Bítere de honra de Aurora Sampedro Piñeiro: Lugar de encontro e comida comunitaria, lugar simbólico, ofrenda floral e entrega do premio. Con Aurora temos que o Canteiro e o Camposanto, son fixos, o punto de encontro con xantar, tamén e doado de encontrar, só nos quedaría o outro espazo simbólico, que por fortuna temos varios onde escoller.

Cando unimos o nome de Aurora ao de Bítere, entramos no mundo máxico do universo Aurora Sampedro.

Se a significación ancestral do Bítere, engadimos a do nome de Aurora, tanto que utilicemos a raíz grega "eos", que significa Alba, a raíz latina "Aurum", que significa ouro, ou a raíz indoeuropea "Aus", que significa brillo. Temos a simbiose perfecta da potencia da Alba, ao amencer, renacer, espertar; do ouro, que representa a riqueza da virtude e a do Aus, que é o brillo da luz divina, que ilumina, loita contra escuridade e a ignorancia.

*Xurxo Souto e Suso Fernández: premios Manuel María 2023
"O pasado día 8 de setembro, foi un día de gozo nas terras de Outeiro de Rei, xornada entrañable, na que abrazados físicamente por os ríos Ladra e Miño e espiritualmente por Manuel María, xuntámonos para compartir o agasallo da Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos, "A navalla de Manuel María", ao músico, profesor e comunicador Xurxo Souto e ao libreiro Suso Fernández, (in memoriam).

O acto estivo dividido en catro espazos, cos seus rituais, modos e tempos, sen interromperse, nin solaparse, de forma sutil, foise tecendo un nós colectivo, que a través da palabra, da música e dos silencios modelou un escenario máxico, que a modo de ritual colectivo, todos nos sentimos protagonistas e agasallados.

O punto de encontro e acollida foi no restaurante 'Río Ladra', antiga taberna de pescadores, reconvertida en casa rural e restaurante familiar, que conserva as raíces da nosa cociña tradicional. No seu comedor amplo, sobrio e acolledor, saboreamos os produtos da terra, cociñados con esmero e servidos con prontitude e familiaridade.

A segunda parada foi Penas de Rodas, considerado lugar sagrado, que semella tentar o desafío, ao tempo de gardar o equilibrio da gravidade, evitando rolar pola pendente que comeza aos seus pes.

A música e a poesía foron o centro dese escenario. Envolvidos por unha atmosfera cálida, agarimosa e cargada de enerxías positivas, cas lembranzas de Manuel María e a pegada do poema Penas de Rodas vixiando e protexendo ese santuario megalítico e aos seus solsticios, renovamos a devoción por ese espazo máxico e sorprendente.

A terceira parada foi o camposanto de Outeiro de Rei, ca ofrenda floral a Manuel María por os seus familiares mais directos: rosas vermellas e margaridas para lembrar, a un dos nosos, grande entre os grandes, que tanto amou a súa terra, a súa cultura e as súas xentes, quen tanto informou e describiu con tan poucas palabras a súa terra benquerida:
A Terra Cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Manuel María (1989): Terra Cha. (Vigo: Edición Xerais de Galicia)


A cuarta parada foi no campo de Santa Isabel, lugar de rituais, onde o Miño e o Ladra, deciden xuntarse e comezar ese itinerario enriquecedor por terras galegas e portuguesas, regando os seus vales e bendicindo as súas colleitas ata confluír co océano Atlántico.

Xurxo e na representación de Suso, falecido en agosto do ano pasado, a súa filla Cielo Fernández, recibiron o agasallo da Navalla de Manuel María, que a ben seguro marcará un fito na súas historias de vida e será un dos legados máis apreciados.

Sentímonos agradecidos e orgullosos da Irmandade Manuel María e da Asociación Cultural Xermolos, por este traballo tan ben feito e tan continuado. A seguir así por moitos anos".
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES