Mañá máis dun centenar de persoas desprazaranse ata San Andrés de Teixido coincidindo co último domingo do Ano Litúrxico.
Como todos os anos dende Xermade e Guitiriz... así como dende os demais Concellos que participan na UNED SENIOR CORUÑA... imos celebrar ese día, como un día para reflexionar sobre temas de actualidade, a partir de lecturas bíblicas da día.
Este ano fálanos do Reino de Xesús de Nazaret... é un Reino de Paz, Xustiza e amor... e polo tanto...
Respecto da PAZ... lembrar o conflito palestino e saber que Xesús de Nazaret era un palestino...
Con respecto á XUSTIZA... fálasenos da responsabilidade e solidariedade do cristián ante a pobreza, fronte á sanidade. e o noso deber de actuar contra calquera violación dos fillos de Deus para privarlles dunha vida digna. en todas as dimensións. da súa vida.
E con respecto ao AMOR... trataremos o tema da violencia contra as mulleres... tanto familiar (non permitindo violencia física, verbal ou psicolóxica)... como Institucional... Civil (igualdade salarial e asesoramento de dirección e postos de traballo) e Eclesiástico (pedindo unha vez máis a ordenación da muller e a igualdade total dentro da Igrexa Católica Xerárquica).
Saen dous autobuses, un de Xermade... Momán e Monfero. E outro de Guitiriz... Irixoa... Paderne.
Celebrarei a misa ás 12:15 e despois máis dun centenar de persoas celebrarán unha comida de confraternidade no Restaurante Brisas de Valdoviño.