Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 28 de noviembre de 2023
Días Mundiais

Sentei á beira da ventá para contemplar o ambiente, o panorama. Nada, catro coches e dous paisanos. Na cafetaría outros dous. Unha ambulancia que pasa. O café á miña dereita esperando a que o tome. Pausa para bebelo.
Xa está. Tres tragos e a seguir. De esguello notei unha mosca pasando moi cerca da miña orella dereita. Un dos paisanos da cafetaría fala por teléfono. Polos altofalantes do local, unha canción. Se non erro debe ser Shakira. Non é que a coñeza moito, pero... paréceme ela. É igual.
Ó mellor hai pouca xente porque hoxe é o día mundial de quen inventou os días mundiais e internacionais. E a xente andará a buscalo para felicitalo. Polo menos a min gustaríame saber quen inventou o dos días mundiais. Estou disto ata ese sitio que pensades. Creo que xa non temos días suficientes para meter máis celebracións. Día mundial do can e gato. Día mundial do orneo dos burros. Día mundial da reviravolta das follas de amieiro. Día mundial da escritura, do medio ambiente, da luz, da lúa, do toxo, da esclerose múltiple, da Perla Negra, das pedras no fígado, e non sigo para non aburrir.
Non obstante (ó mellor erro), creo que non hai o día mundial da guerra. Cando a temos todos os días! En algún lugar do mundo hai guerra. Todos os días hai guerras! Case ou sen case era mellor substituír o día da paz polo da guerra. Porque a paz é tan efémera, tan curta coma o seu nome. Os paisanos que vexo nestes momentos, eu mesmo, seguro que non temos un intre de paz.
Non quero deixar de nomear o día mundial ou internacional da estupidez humana. Pero hoxe... hoxe é o día mundial de quen inventou os días mundias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES