Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pan, educación e paz

jueves, 23 de noviembre de 2023
O ser humano é ambicioso por natureza.
Dentro dos límites normais, entra no proceso evolutivo do mesmo.
Aspiramos a vivir melor cada día.
Hoxe en día o que máis pedimos é pan.
PEDIMOS EN PRIMEIRO LUGAR O PAN MATERIAL.
É razoable que para gozar de boa saúde temos que estar ben alimentados.
Nos países industrializados raro é o día que non hai protestas neste sentido; pero os que peor están son os países do terceiro mundo.
- AS PERSOAS QUE DISFRUTAMOS DE ALIMENTOS.
- AS PERSOAS QUE TEMOS ACCESO Á EDUCACIÓN.
- AS PERSOAS QUE VIVIMOS EN PAZ...
Pertencemos ó grupo privilexiado.
PERO NON É ASÍ EN TODO O MUNDO COÑECIDO.
Hai moitos países, que non disfrutan do desenvolvemento axeitado para alimentar á poboación por diferentes razóns.
Unha delas pode ser a inxustiza reinante.
Somos un pouco raros, por non dicir egoístas.
Mentres unha minoría nada na abundancia, outra maioría pasa moita necesidade.
Os medios de comunicación móstrannos cada día a necesidade que pasan moitísmas persoas.
Sexan da raza ou da cor que sexan, necesitan alimento para o corpo, para a mente e para o espírito.
E, como non o teñen, viven atormentadas, viven desesperadas.
E, o que é peor: MOITAS MORREN DE FAME.
¿NON TEÑEN DEREITO A VIVIR DIGNAMENTE?
Dereito téñeno, pero algo falla.
¿CÓMO É POSIBLE QUE HAXA TANTA INXUSTIZA NOS TEMPOS QUE VIVIMOS?
Somos máis inmaduros do que nos parece.
Pensamos pouco nos necesitados.
¿QUÉ PASARÍA SE NÓS NOS VIRAMOS NO SEU LUGAR?
Non me quero imaxinar.
A min paréceme que o vicio e as guerras son froito da avaricia dos que as promoven.
- QUEREN TER MÁIS E MÁIS E NUNCA SE VEN SACIADOS.
- QUEREN MÁIS PODER E EXTORSIONAN ÓS OUTROS.
¡Que solución máis inhumana!
Nin que os outros non tiveran dereito a vivir dignamente.
¡CANTAS VIDAS SE AMAÑARÍAN SE NOS ADMINISTRÁRAMOS MELLOR COLECTIVAMENTE!
A natureza dá alimento para todos se nos sabemos administrar; pero...
Penso que non imos ben.
Penso que non estamos tan evolucionados como pensamos.
SE CONSUMÍRAMOS CON MODERACIÓN:
Contaminaríamos menos e non habería tantas miserias no mundo.
O QUE VERDADEIRAMENTE NECESITAMOS É: PAN, EDUCACIÓN E PAZ.
- PAN MATERIAL: gañado co esforzo persoal de tódalas persoas en situación de poder traballar.
O traballo é a mellor diversión, di Madre Teresa de Calcuta.
Cómpre dá-la cana para pescar; non o peixe.
O que non costa, nin se valora nin educa.
Do traballo sae a virtude, di o refraneiro popular.
- PAN INTELECTUAL para encender luceciñas nas nosas mentes que nos permitan o acceso ó coñecemento.
- PAN ESPIRITUAL para alimentar o máis sensible do noso ser interno, a nosa ALMA, para poder levar unha vida como é debido.
- EDUCACIÓN no sentido máis amplo da palabra para saber relacionarnos de modo civilizado e fraternal cos outros.
En primeiro lugar coas persoas que nos axudan a medrar no día a día.
En segundo lugar cos da comunidade donde realizamos a vida cotiá: escola, traballo, vecindade.
E en terceiro lugar para relacionarnos co resto dos humanos respectando as diferentes culturas, ideoloxías, razas, crenzas, cor...
- VIVIR EN PAZ.
Empezando pola paz de cada un consigo mesmo e tamén co resto dos humanos e coa natureza en xeral.
TODOS FORMAMOS UN TODO CO QUE NOS RODEA.
Se temos pan, educación e paz, o futuro xa promete.
Precísanse persoas constructoras de futuro.
"PERSOAS CONSTRUCTORAS DE FUTURO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES