Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 22 de noviembre de 2023
A balanza ó meu favor

Inclinei a balanza ó meu favor. Segundo unhas veces son torto, outras son listo, demasiado listo. En vez de poñer, xuntos, nun prato os sete pecados capitais, coloquei un por un e, claro, como son un cacho de pan... Tamén axuda que peso pouco; non chego nin ás cinco arrobas e media.
Pingas de Orballo Sei que os sete pecados xuntos me meterían nunha apurada; pois aínda que son un boi manso, un miñaxoia, tamén teño as miñas cousas, os meus demos. E hai pecados que pesan abondo. Porén, estou por apostar que a balanza aínda se inclinaría ó meu favor. Non fago a proba por un se acaso, por se me vou dar cun canto no peito.
Tamén, politicamente, inclino a báscula ó meu favor. Non serei tan parvo como deixar que me convenzan con catro promesas, tres mentiras e dúas concentracións. Aquí, como si son torto, xa intento calcar no prato como sexa para que pese máis có outro.
E se falo de xustiza...; desa case é mellor non falar. Porque esa, seguro, que se inclina ó seu favor. É a tal como para saír perdendo neste noso país. Sempre, en cada alegoría, debuxo, imaxe, slogan... a xustiza inclínase tan impunemente que hai que pensar á forza se a balanza non estará trucada.
A miña non. A miña que vai estar trucada. Simplemente a engano dividindo as culpas ou os pecados ou os actos ou as accións ou as realidades. Mesmo intento dividir os soños. Non vaia ser o carallo. Así, se a inclino ó meu lado, quedo contento e cada quen que pense o que queira. Eu peso moito máis ca culpa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES