Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no século XXI (1)

martes, 21 de noviembre de 2023
Publicado en 'Croa' N.º 33. Boletín do Museo do Castro de Viladonga. Ano 2023. Castro de Rei (Lugo).

I. Localización xeográfica e algúns datos históricos da parroquia de Bazar (Castro de Rei).
A nivel civil a parroquia de Bazar pertence ao concello de Castro de Rei; ao partido xudicial de Lugo; e, ademaís, forma parte da provincia de Lugo. Dende unha perspectiva eclesiástica, a parroquia de San Pedro de Bazar, corresponde ao concello de Castro de Rei; ao arciprestado de Azúmara; e a diocese de Lugo.

No ano 2022, esta parroquia posuía unha poboación de 276 habitantes -149 homes e 133 mulleres- (1), que estaban distribuídos en 22 entidades de poboación, que ocupaban unha extensión de 1234,7 Ha. (2); destas 22 entidades de poboación, 21 forman parte do Nomenclator do Instituto Nacional de Estadística español. Ademaís, esta comunidade está situada ao Noroeste do municipio de Castro de Rei, e posúe lindes coas parroquias de Muimenta; Roás; Momán; Xustás; e Bexán pertencentes ao Concello de Cospeito; e coas de Outeiro; Santa Locaia; e Quintela pertencentes ao Concello de Castro de Rei (3). Así mesmo, esta parroquia é unha das vinte (4), que forman parte do Concello de Castro de Rei, que ocupa unha superficie de 176,9 km2 na que vivían 5033 habitantes a principios do ano 2022. Este concello forma parte da comarca da Terra Chá (5) da que tamén forman parte os concellos de Abadín, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.
Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no século XXI (1)
A nivel histórico, hai achádegos importantes como o asentamento castrexo do Agro do Castro, indicador moi importante da presencia humana na antigüidade. Logo, na Idade Media a influencia do mosteiro cisterciense de Meira foi moi notoria, xa que exerceu unha serie de dereitos reflectidos no cobro das súas rendas. Logo, xa no antiguo réxime esta parroquia estaba integrada na xurisdicción de Castro de Rei da que eran señores os "Condes de Lemos”aos que se tiña que rendir vasalaxe mediante o pago de tributos. Na actualidade, os restos dun señorial abolengo está patente nas "Casas do Pacio", "da Granda" e a "Casa blasonada do Pazo de Aguiar".
Achegas etnohistóricas ao entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) no século XXI (1)Non obstante, dende a miña óptica, un dos feitos máis relevantes acaecidos nesta parroquia foi a creación no ano 1968 do "Teleclub de Bazar", convertido anos despois no "Centro Cultural Ignacio Rey Stolle" (6). Esta institución local fixo posible que a parroquia fose coñecida no exterior polos numerosos eventos culturais, deportivos, e sociais, que se celebraban todos os anos no susodito centro. A tarefa levada a cabo por este centro cultural está moi ben recollida no libro "Bazar. Milagre Social", elaborado polo prestixioso comunicador e pensador chairego Xulio Xiz. Polo tanto, se alguén quere coñecer a vida cotiá desta parroquia nos últimos cincuenta anos é mester que faga unha lectura sosegada deste libro.

NOTAS:
1. I.G.E. (Instituto Galego de Estadística) xaneiro do ano 2022.
2. Estas entidades de poboación son: A Aspera, A Cainzada, A Folgueira, A Granda, A Grandela, A Mudia, A Pena, A Ribapena, As Fontes, As Penelas, A Veiga, A Veiga da Acea, A Veiga do Pumar, Bardián, Cainzada, Canto, Carravilar, Guntín, O Montillón, O Pacio, O Pumar, Oroxe.
3. XIZ, Xulio.: Bazar, milagre social. Lugo: Deputación de Lugo, 2021, pax. 29-
4. Parroquias de Castro de Rei: Ansemar, San Salvador; Azúmara; Balmonte, San Salvador; Bazar, San Pedro; Bendia, San Andrés; Castro de Rei, San Xoán; Coea, San Salvador; Duancos, Santa María, Duarría, Santiago, Dumpín, Santa Eulalia; Loentia, Santo Estevo; Ludrio, Santa María; Mondrid, Santiago; Mos, San Xiao; Orizón, Sta. Comba; Outeiro, Sta. Maria; Pacios, San Salvador; Prevesos, Santo Estevo; Quintela, Sta. Maria; Ramil, Sta. María; Riberas de Lea, San Xoán; Sta. Locaia, Triaba, San Pedro; Viladonga,Santiago.
5. Esta comarca amosa unha extensión de 1822,75 km2 na que vivía no ano 2019 unha poboación de 39.935 habitantes.
6. Avogado, político, e persoa sinxela e moi influinte na parroquia.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES