Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 'Imperio do mal'

martes, 21 de noviembre de 2023
Hai un mundo que asiste indignado e á vez impotente ante a reiteración das masacres do exército de Israel contra a poboación civil palestina asasinando miles de nenos e nenas e bombardeando sen piedade dende hospitais a campos refuxiados. E hai outro mundo gobernamental cómplice inmutable desas accións. O Sur Global é quen sustenta a denuncia do abandono dos palestinos á súa sorte sen importar o custe en vidas humanas que reviste xa a condición de limpeza étnica e ata xenocidio, tal e como denunciou Nacións Unidas.

Os principais aliados de Israel teñen nomes e apelidos e cabe asocialos con iso que recoñecemos como Occidente -incluída a UE e o seu cinismo brando- ou esa santa O 'Imperio do mal'comunidade internacional que di defender os nobres ideais de democracia e liberdade e promove unha orde baseada en calquera regra menos a do respecto do dereito internacional. Nin unha soa sanción contra Tel Aviv a pesar de que os crimes de guerra son o pan de cada día... Poucas veces foi tan evidente a aplicación dunha dobre vara de medir.

A comezos dos oitenta do pasado século, o entón presidente estadounidense Ronald Reagan utilizou a noción de "imperio do mal" -invento do seu amanuense persoal Anthony R. Dolan- para se referir especificamente á URSS de Iuri Andropov. O comunismo soviético era cualificado de "malvado". Ante unha entregada audiencia de evanxélicos estadounidenses, Reagan popularizou unha expresión que rapidamente compartiron os principais líderes ultraconservadores da época, comezando pola Thatcher. Aquelo serviu moi eficazmente na pugna ideolóxica con Moscova.

Dende o fin da guerra fría, a hexemonía occidental liderada polos EUA ten conducido ao conxunto da comunidade internacional a un conflito tras outro con resultados sempre tráxicos. Todos temos memoria de Afganistán, Iraq, Siria, Libia, a miúdo con embustes escandalosos que tiveron cero custe perante a xustiza internacional... A expansión dos orzamentos militares e das alianzas de seguridade foron conformando unha realidade verdadeiramente imperial chamada a compensar a perda de significación relativa no económico ou no tecnolóxico, unha circunstancia que agora se traduce nunha intensa ansiedade estratéxica.

Dando carpetazo a calquera compromiso coa prevención de conflitos, da guerra de Ucraína pasamos a Oriente Medio e todo indica que as pezas se van encaixando unha tras outra para a hipotética eclosión dun terceiro enfrontamento, o definitivo, que debe ter lugar en Asia. Se Taiwán fallara en xaneiro como consecuencia dun cambio de liderado, sempre nos quedará a posibilidade de avivar as diferenzas no Mar de China meridional (coas Filipinas de Ferdinand Marcos Jr. ofrecendo o seu territorio para acoller máis bases militares US) ou o de China oriental (Xapón).

A inflexión histórica a que aludiu recentemente o presidente Joe Biden resume esa disxuntiva entre a reafirmación unipolar da posguerra fría e o avance da multipolaridade. De substanciarse pola vía violenta podería acontecer nesta década, ao sumo. Reafirmada a hexemonía sobre Europa co ariete ucraíno, camiño de reafirmala en Oriente Medio co ariete israelí, quedaría por dar a batalla definitiva en Asia. A "trampa de Tucídides" está ao axexo.

Se analizamos estes últimos e dramáticos acontecementos á luz da evolución dos conflitos internacionais da posguerra fría, cabe preguntarse se non será que o auténtico imperio do mal foi o realmente vitorioso na pugna determinante do século XX.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES