Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 21 de noviembre de 2023
Carga emocional

Teño tal carga emocional encima que teño que andar cunha almofía de continuo por debaixo do papo. As emocións son tan fortes que choro a mares. E non hai panos de mans nin panos de papel que me cheguen para enxugar as lágrimas. Choro de emoción por calquera cousa; por un pardal que pía, por un grilo que canta, polo vento que zoa, polo gol que se berra, pola canción que se escoita e por todo o que vexo e se move.
Pingas de OrballoTan só deixo de verter bágoas cando durmo e cando pecho os ollos. Polo día non podo telos sempre pechados porque me esnafro. Cando esperto polas mañás teño que atrasar un pouco a abertura dos ollos para evitar que as sabas, que a cama non tarden en converterse nunha lagoa. Menos mal que sempre teño a almofía a man. Xa falei incluso cun zapateiro para que me prepare unhas cinchas e, con elas, colgar a almofía do pescozo ou da cabeza.
Cando vexo ós nenos xogar ata me custa aguantar a almofía, pois se cunha emoción normal choro a mares, a emoción que se me desborda a causa dos nenos xa non ten nome. Teño que escapar axiña de xunto a eles para que a almofía non verta, non derrame.
A miña carga emocional é tan intensa que non teño tempo para outros sentimentos. Bastante teño con chorar e limpar, chorar e limpar. Pensei en algunha enfermidade, pero os médicos descartaron tal cousa. Fun a varios e nada. Ó saír do último cheguei á conclusión de que, eu, son así.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES