Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fusión

lunes, 23 de febrero de 2009
En Galicia a fusión enténdese que é a das Caixas de Aforro, aínda que nos temas musicais os encontros entre culturas diversas -as fusións- producen resultados notables.

Cando aquí se fala de fusión, todo incide nas Caixas, tentando que culminen o proceso de fusión xa iniciado para obter unha soa entidade acorde coas necesidades e as realidades deste país.

No sur, as Caixas de Vigo, Pontevedra e Ourense produciron Caixanova onde ostensiblemente Vigo absorbeu enerxías e influencias económicas e sociais. No norte, da fusión da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e da provincial de Lugo, produciu Caixa Galicia. A capital coruñesa resultou especialmente gañadora na operación pois Lugo segue a estar en segundo lugar, en resultado quizais lóxico se se ten en conta a realidade económica de ambalas dúas provincias.

Tense falado de nova fusión e parecía que Caixanova e Caixa Galicia estiveran condenadas a entenderse para formar a gran Caixa galega unha vez se solventaran os naturais problemas persoais e de estructura que toda fusión trae consigo.

Pero agora fálase da posibilidade de que Caixa Galicia se fusione, chegado o caso, cunha Caixa de fóra de Galicia, feito perfectamente posible aínda que nos pareza máis natural que todo quedase na casa.

Fusionar unha caixa galega con outra de fóra posiblemente xenere un trasvase interesante de investimentos e fomente a relación entre as autonomías afectadas. Pero tamén podería dar lugar á primacía dunha entidade sobre outra, dos intereses dunha autonomía sobre a outra. Que ó final posiblemente este problema non existe xa que a existencia de dúas Caixas galegas non quere dicir que posúan unha vocación de país que a estas entidades se lles supón.

Sempre que hai que ter en conta eso de que o diñeiro non ten cor nin as entidades bancarias corazón. E a fusión cando se faga non busca o interese público senón o reforzamento dunhas entidades que na actualidade sofren a crisis como calquera outra e buscan acomodos antes de sentir verdadeira incomodidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES