Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 10 de noviembre de 2023
Nenos

Deixade que os nenos se acheguen a min. E achegáronse. Vaia se se achegaron. A centos. Que digo a centos... a miles! Gústanme os nenos, pero ós poucos minutos xa tiña a cabeza coma un bombo. Falaban todos á vez. Berrando. Sen parar. Canta felicidade e canta inocencia xunta. Porén, a miña cabeza xa non distinguía dunha risa a un berro, dun berro a unha queixa.
O asunto íaseme das mans. Optei por contarlles contos e pouco a pouco calaron e Pingas de Orballo atenderon. Faleilles dos tempos floridos e das economías somerxidas. Debuxeilles arados de pau e non sabían distinguir un sacho dunha aixada. Caro lles custaba saber o que era un burro e unha vaca. Conteilles o conto de como se rozaba un carro de toxos e como certos mortos poboaban as cunetas. Faleilles da batalla do Ebro e das ruínas de Teruel.
Ante semellante esperpento, non tardaron en desfilar. Algúns botando xa pestes ou poñéndome de volta e media e outros máis aburridos que un sapoconcho co bandullo cara a arriba. Eu seguín dálle que tumba con temas que sabía que non entenderían. A miña cabeza, ós poucos, empezou a sentirse libre. Aínda que non tardei en botalos de menos. Ós nenos. Gústanme os nenos; ver as cousas que fan, e xogar con eles. Con dous ou tres. Cun formigueiro deles ponse un tolo.
Cando quedei só estudei a posibilidade de correr detrás deles para non quedar coa soidade rabuñándome a alma. Por veces non sei o que desexo e o que quero. Ou si... quero ser neno!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES