Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atragantarse

jueves, 09 de noviembre de 2023
Pásame poucas veces, pero cando ocorre pásoo bastante mal. Atragantarse, segundo non sei cal diccionario ten dúas acepcións: "Quedarse algo detido ou atravesado na gorxa, obstruíndoa ou impedindo que se poida tragar", ou "que unha persoa cause fastidio, enfado ou antipatía".

Aos meus efectos, quedo coa primeira, que equivale ao que cando era pequeno lle chamaban "irse pola gorxa pequena", que virá ser que algo vaia pola larinxe cando tiña que ir pola farinxe.

Será cousa dos anos, porque eu atragantábame antes menos ca agora, e falo fisicamente da cuestión, porque o que antes non tragaba sigo sen tragalo, xa que hai ben cousas nas que o "non segue sendo non".

Fisicamente, ao beber -agora que me teñen limitadas as bebidas espirituosas- ata a auga se me ten atragantado, tendo que recurrir a toses repetidas, tragar repousadamente, trasgolar, carraspear... e despois dun anaco ben apurado ir recuperando a normalidade das tragadeiras.

Supoño que a solución estará en ter cuidado cos papados, que non sexan excesivos nin apurados, con tranquilidade aínda sendo apurado de natural, para evitar os meus desasosegos que contaxio de inmediato aos que daquela están comigo.

Son atragantamentos físicos, dentro da primeira das acepcións, pero aínda así sempre penso, sen esquecer o contemplado na segunda, que teño sorte en non andar en política, onde ás veces hai que comulgar con rodas de muiño que seguro se me atragantaban, xa non digamos se estivera nese trece por cento do partido no goberno que non está de acordo con axionllarse diante de Puigdemont, que seguro van ter un grave problema ao tragar (e dixerir) a situación.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES