Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mero, fillo adoptivo de Mesía

miércoles, 15 de noviembre de 2023
Hai unha iniciativa nas redes para que Mero sexa fillo adoptivo da terra na que fixo e axudou a facer vida. Abondan os motivos para otorgarlle esta distinción pois Mero non só foi mestre en Xanceda durante moitos anos senón que, ademais, preocupouse por recoller a literatura popular da zona e exerceu un activismo cultural constante.

Non é de estrañar que despois de 50 anos de música cheguen un aluvión de recoñecementos aquí e acolá para un home que andou, xunto cos seus camaradas, o país cunha guitarra ao lombo. Onde facía falla, alí estaba; onde o chaman, alá vai. A solidariedade sempre foi o xeito máis custoso pero tamén o máis digno de facer poesía. Aquí temos a obra completa dun home que deu a cara onde fixo falla e que non se negou a nada que non foran os xogos perversos do poder. Un home solidario e, sobre todo, un home fraternal que non dubida un instante á hora de axudar aos seus amigos.

Mero fixo vida nun pobo e nel exerceu a súa mestría. Por ela unha parte da memoria de ese pobo está ceibe do esquecemento. Agora, despois de tantos anos, facendo ledicia e pensamento crítico entre as cordas dunha guitarra, ben merece ser recoñecido polo pobo ao que contribuíu día a día a dignificar. Polo tanto, si, apoio firmemente que Mero sexa fillo adoptivo de Mesía.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES