Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A D.Uxío García Amor no seu nonaxésimoquinto aniversario

lunes, 13 de noviembre de 2023
Labrego de Paz e Amor

"Se fiel en las cosas pequeñas, ya que es en ellas que tu fuerza reside" (Madre Teresa de Calcuta).

Invítanme a participar, e é sempre un honor, nun novo homenaxe a D.Uxío García Amor, o homilde, cultisímo e egrexio prelado do Papa e sobre todo, para moita xente, o curiña de Sante. Grazas de corazón diste seu alumno rebello e folgazán a quen tan ben tratou ó longo da vida.

Escribir de D. Uxío é moi doado, non pola calidade do meu traballo, que sempre son miñaxoiñas, senón porque non fai falta o maxin de Cunqueiro nin de ningún outro, chega con deixar voar o corazón e que se pouse en calquer rama da vida. Entón un atopará ó mestre de Literatura, o poeta máis namorado da Virxen María, o músico director da Coral máis exquisito, o párroco máis solidario... ou o eterno e acolledor amigo que che borra os defectos con amplo sorriso.

Falar de este labrego que sempre sementou paz e esperanza, que sempre atopou un viero para compartir ise amor que brota do seu corazón, decatarse da enerxía que emana iste homiño fráxil que acouga ó seu carón cantidade de colaboradores para as sempre necesarias tarefas solidarias, denota que algo ten moito de certo nise rumor que o sube ós altares en vida como aquel vello profesor, xa finado, D. Xaime Cabot. Se os santos son como a min me enseñaron, ámbo-los dous merécenno sen dúbida.

E aquí me teñen agora os lectores tratando de practicar aquelas enseñanzas do meu primeiro profesor de Preceptiva literaria: "Los coches reptan para subir a la montaña moviéndose como las serpientes". Nunca se me olvidou, aínda que só fose polo medo que lle teño as serpes. Pero aquela imaxe de D. Eugenio daquela, sigue hoxe gardada no meu seo.

E xa celebramos o seu nonaxésimo quinto cumple coa ledicia de querelo. E,mentras escribo, estouno imaxinando na súa lóxica cadeira de rodas, recibindo mil parabéns de cantos o coñocen. Parabéns e outro froito da súa sementeira, así como todas-las distincións que recibeu ó longo da súa vida: "Fillo predilecto de Trabada", "Medalla de ouro de Vilalba", "Chairego de Honra" musicólogo e autor de libros de fermosos poemas... o que dirían os rapaces "é un crac".

O ano pasado, con motivo do seu retiro de Vilalba a Mondoñedo, Asociación Cultural Egeria, capitaneada polo infatigable amigo noso Xulio Xiz, en colaboración co Concello de Trabada, homenaxeamos a D. Uxio- pódese atopar en internet só con poñer o seu nome-e entre as moitas colaboracións léese o mesmo Xulio chámarlle "santo do amor". Todas as firmas gábanno con verdadeiro fervor.

Mire, D. Uxio, voulle pedir un favor máis, xa que vostede está ó carón de Deus: Pidalle a súa namorada Virxen María, polo amor dos seus poemas, esa paz que nos amosou durante toda a vida e que tan necesaria é hoxe no mundo. Ningún deus manda matar por razón algunha. A cobiza sí, por iso arranchea Deus do noso corazón. Troque as armas en tecnoloxía para amañar este vergoñento mundo onde os rebellos non somos capaces de poñer a cordura ante o abismo. Apiadense do door de millóns de persoas que non son tan afortunadas coma nós. E dianos a cabeza precisa para ser traballadores por isa tarefa de amor e paz que vostede toda a vida nos amosou e tanto necesitamos.

Parabén no seu cumple e que Deus nos permita seguir na súa compaña eternamente, sabríamos que íamos ó ceo. Vostede resultará sempre amigo, entrañable mestre, ánxel cantor, humilde pastor... con esa paz seráfica que tanto precisamos. Grazas sempre polo seu exemplo de vida.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES