Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 07 de noviembre de 2023
Curiosidades da vida

Curiosidades da vida. Loitei contra algo que non sabía que era. Entendo que era a nada, pero... Eu sei que só sabía bracear e golpear ó aire. E non era ningún moscardo nin avespa nin tabán nin mosca nin mosquito. Nada, o aire. Mais eu notaba a presenza, unha presenza. De algo; aínda que non fose obxecto nin bicho nin animal nin tan sequera voaxa. Unha cousa rara.
Pingas de Orballo Curiosidades da vida. Vin un becerro que voaba e unha troita que corría. Esta corría polo río Arnoia arriba e o becerro voaba desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas. Eu estaba no alto dun palleiro de palla e choutei ó tellado dun canastro da Aira de Arriba. Pásame cada cousa. Que o que non me pase a min, xa non lle pasa a ninguén.
Curiosidades da vida. Vin como un cura lle mandaba a Moisés unha mensaxe por móbil para que baixase a táboa dos mandamentos desde o alto de Sudalomba e quen entrou na igrexa foi Xesucristo que camiñara sobre as augas do Atlántico durante corenta días e corenta noites. E digo eu: que pintaba Xesucristo ó outro lado do charco cando tiña que estar á beira do mar Morto para predicarlle o Evanxeo a Hamás e Israel.
Curiosidades da vida. Se digo branco, todo se volve negro e o ceo asoma gris. Se vou non volvo e non hai quen me arrinque da cadeira da terraza na que estou. Se asubío non canto e se bailo non despego. Na realidade estou máis quieto que o botafumeiro sen peregrinos. Se digo que chove, chove; e se digo que marcho, marcho. Pois marcho.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES