Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Félix e Juancho dúas ledas noticias

jueves, 09 de noviembre de 2023
D. ANTONIO RODRÍGUEZ BASANTA, Vicario Xeral da Diócesis e o moi benquerido colaborador dista web, comunícanos os nomeamentos realizados na nosa Diócesis, pendentes de ratificar polo Sr. Obispo monseñor GARCÍA CADIÑANOS.
FÉLIX VILLARES MOUTEIRA, o noso compañeiro de curso naqueles anos de pipiolos de Lourenzá, é hoxe o flamante Deán catedralicio de Mondoñedo elexido polo Cabildo.
Para moitos de nós, nas nosas conversas o redor do Seminario, chega con dicir Félix e todos sabemos que nos referimos a aquel pícaro de Belesar -vive na súa cerna- é non só o novo Deán, senón aquel benquerido compañeiro que comenzou desde moi novo a amosar a súas inquedanzas literarias -da súa mau naceu TRAPECIO, a revista do Seminario de Mondoñedo nos anos cincuenta, según contan os "memoriosos"-, e sigueu, anos máis tarde, xa có novo alumnado, para ser a "alma máter" da revista "AMENCER", de formato modesto dada a precariedade de medios de semellante tarefa, pero de fondo contido e que, según din os estudosos, é unha das mellores revistas literarias de Galicia. Por ela pasaron figuras coma Cunqueiro, Diaz Castro, Alonso Montero... e tamén foi a palestra para outros rapaces que, da mau de Félix, plasmaron os primeiros soños. Pero a máis, Félix editou os seus traballos literarios en libros coma "O SANTO ANXO DA PENARREDONDA TRESCENTOS ANOS DE DEVOCIÓN POPULAR", " BELESAR (SAN MARTIÑO) -edificios, estructuras, etc Historia", "SAN MARTIÑO DE BELESAR MEMORIA E FUTURO (a aldea dos meus cariños)". Velahí ise amor a Belesar do que falaba ó principio.
Hoxe Félix é un referente na nosa Literatura como amosa ben na súa andaina e reafirman os feitos como a publicación de UN ALPENDRE DE SOMBRA E LUAR" (Antoloxía dos poetas que pasaron polo Seminario de Mondoñedo) e máis recentemente "OS POETAS DO SEMINARIO DE MONDOÑEDO", que ven recuncando no mesmo. A máis diso, Félix é conferenciante, colaborador de prensa e revistas varias. Velahí o traballo calado, constante, metódico, concienzudo... ó que se adica con fervor, non só na súa lóxica tarefa sacerdotal como resulta obvio, senón no eido da cultura en todas as vertentes como nos amosou, con grande orgullo, a súa tarefa na biblioteca do Seminario e os incunables alí conservados. Hoxe, a máis, é o herdeiro como arquiveiro de D. ENRIQUE CAL PARDO de tanta influenza no noso vivir. (Casualmente fai uns días recordáronnos o valor disas fontes do arquivo para atopar a un asesino).
Gratitude eterna a Félix e admiración profunda por unha labor que está por riba de loubanzas e aplausos. A istas alturas da vida xa sabemos que os exemplos, como ben dicía o Conde Lucanor, son a mellor carta de presentación. Nunca esquecerei Félix, nos tempos que vivimos, de como coidaches a teu pai e os traballos como exemplar fillo que lle adicaches. ¡Qué satisfacción máis fonda! Sen desmerecer ningún, foi o teu mellor libro, Félix. Agora, nisa nova andaína, os mellores desexos, e por suposto, sempre á túa disposición e amistade.
Por certo, xa sei, polo meu inesquecible i eterno mestre Alonso Montero, que vos vades ver no museo de Cunqueiro para o mes que ven. O dito: Mil felices primaveras cheas de saúde, éxitos e felicidade.

Pois rematada a semblanza de Félix, permitídeme compañeiros, que vos amose a un novo canónigo que moitos descoñecedes pola sinxela razón de que é moito máis novo que nosoutros. Trátase de JUAN JOSÉ NOVO GABEIRAS, máis coñecido por JUANCHO. JUANCHO naceu no seo dunha familia de panadeiros moi apreciada e coñecida do noso Viveiro: os de GABEIRAS. Os meus compañeiros e amigos JUAN NOVO PÉREZ (XAN DA MORA) seu pai, e SUSO, seu irmau, tristemente finados, foron membros da Directiva da Cofradía do Santísimo Cristo da Piedad (sic) de Viveiro (1974). Daquela o novo Canónigo tiña oito ou nove anos. Foron anos moi duros para a Cofradía, pero grazas ó exemplo deles, salimos adiante, aínda que o feito de irme para Madrid (1975) me impidira traballar arreo como era preciso. En 1977, polas dificultades da distancia, dimitín como Hirmau Maior e relevoume XAN. Hoxe a Cofradía ten moita sona.
Pouco seguín a pubertade e xuventude de JUANCHO pola distancia, pero nos pobos sábese todo, e máxime se se é fillo dun amigo. Coido que tivo unha infancia cómoda no material, pero seguin o seu curriculum a raíz de que foi a estudar ó Seminario de Toledo. Descoñozo se chegou a coñocer o noso benquerido compañeiro ÁNXEL FELPETO, por entón Conselleiro de Educación e Cultura de Castilla la Mancha, e o tamén o compañeiro ANTONIO PENA DOMÍNGUEZ, coordinador de bibliotecas, dúas figuras senlleiras no Toledo de entón, o que si sei e que era amigo da miña familia.
Queirase ou non, nos detalles vas vendo a evolución da xente, e aínda que apenas tivésemos un trato máis aló que o de cordialidade lastrado pola diferencia de anos, decateime da súa fermosa evolución e como aquel rapaz, que recordaba coma nós "remexendo" e axudando na parroquía, ía medrando e profundizando nas enseñanzas relixiosas que require o seu labor. Coido que nos pasa a todos. Sen dúbida o Seminario imprime carácter e máxime se un profundiza na súa vida espiritual para ser cura. Sen dúbida JUANCHO acadou a meta proposta un mundo onde os curas son criticados e admirados ó mesmo tempo. Gostaríame que houbera moitos máis curas. Case sempre son exemplares e respetables.
Ordenado xa, soupen depois que fora cura de Abadin e zonas próximas e que deixara moi boa memoria, tamén en Xove, por onde pasaba. Gábano hoxe en Celeiro (Viveiro). Asistín a misas dil e oinno falar e a verdade resulta reconfortante atopar a un Home con tan fermosa, sinxela e cristiana oratoria. Cómpre tamén dicir que é Hirmau Ministro é Consiliario da Terceira Orden Franciscana de Viveiro, a verdadeira insignia da relixiosidade máis certa.
JUANCHO é hoxe un cura moderno, ten redes sociais, leva unha vida adicada plenamente o seu labor sacerdotal, véselle que é humilde, frugal, servicial e isas cousas fermosas que buscamos nos curas. Agora encárganlle Patrimonio, tarefa díficil, e para nós, algúns, difícil de encaixar co espiritu evánxelico. Pero nunca mellor dito, doctores ten a Santa Mai Igrexa. Só desexarlle sorte.
Alédome moito, e sei que hai máís, por il e a familia, e quero imaxinarme a XAN, seu pai, e a su seu irmau SUSO orgullosos do seu nomeamento. Noraboa tamén a LUCITA, súa mai, por ise cura tan meritorio. Grazas pola túa labor, JUANCHO.
Que ambo-los dous sigan a traballar con esa dedicación e fe tan fermosas e reitero a máis feliz noraboa.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES