Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A clave do proceso venezolano

jueves, 19 de febrero de 2009
Para entender a feroz agresividade en contra do proceso político de Chávez en Venezuela por parte da oligarquía financeira coa axuda de países na órbita neoliberal salvaxe como EEUU e outros de Europa, inclusive con provocadores e cínicos fascistas cómo o eurodeputado español Luís Herrero “demócrata de toda a vida”. Esta clave atópase nese proceso emprendido fai unha década de grandes reformas sociais que favorecen á maioría do pobo; isto non o digo eu, só repaso os informes oficiais da ONU, onde a finais do ano 2008 dicía o seguinte: “Venezuela ratificada país con Índice de Dasarrollo Humano Alto”. A continuación segue dicindo: “La Organización de las Naciones Unidas (ONU) presentó el informe de la actualización estadística 2008 sobre el Índice de Desarrollo Humano (IDH) a nivel mundial. Venezuela ocupa el puesto 61, entre 179 paises, con un índice de desarrollo humano alto, y a registrado una mejora sostenida desde el año 2003”.

A emenda constitucional que o pobo venezolano aprobou o domingo 15, puxo en evidencia a eses oligarcas dos de dentro e máis dos de fora coas grandes mentiras dos medios controlados por eles mesmos, inclusive axudados por foráneos insultando ás institucións e ao seu presidente. Este domingo foi unha mala nova para eles.

É do coña mariñeira esa mentira machacona: “...o Chávez fai este referendun para perpetuarse no poder...”. O din estes “mandilóns” dos medios ao servicio dese grande capital que nos deixou na actualidade en carallo e calceta cunha crise financeira mundial, intentado perpetuar este sistema de socialización de perdas que non sei canto aguantará. Por iso revólvense na seu esterco cando ven no horizonte un troco de sistema no mundo mundial. Un sistema que sexa máis humano e menos depredador.

A emenda busca corrixir que os artigos 160, 174, 192 e 230 da Constitución vixente impoñen aos electores para escoller libremente quen serán os seus gobernantes. Actualmente permítese a postulación por dous períodos consecutivos, e iso impide aos venezolanos decidir se unha persoa que o está facendo ben, mantense na dirección do país, unha gobernación ou alcaldía, así como os cargos de deputado á Asemblea Nacional, Concellos Lexislativos ou Concelleiros.

Con que dignidade democrática poden xulgar ese oligarcas corruptos de Venezuela, EEUU e Europa. ¿Non existe esta norma nos principais países de Europa?. Cómo puido ser a Margaret Thatcher primeira ministra por once anos, Helmut Kohl canciller de Alemana dezaseis anos, Felipe González en España catorce anos e un xefe de estado vitalicio, e non falemos de Chaves en Andalucía vintecatro anos. En Francia case tódolos presidentes duraron catorce anos.

Chávez poderá se presentar cando queira e como queira, o asunto é si sae elixido e o pobo lle da esa confianza outra vez. Con esta emenda os cargos de Gobernadores tamén poden volver a presentarse incluídos eses que votaron non. Que ironía e contradicción.

A clave non está na emenda en si mesmo, está no proceso político de Chávez. As reformas sociais, culturais, nacionalizacións, a construcción dun novo modelo de desenvolvemento onde o centro de acción é o ser humano, sustentado en valores de solidariedade, xustiza, inclusión social, igualdade e respecto dos dereitos humanos. Cousas polas que aspira a maioría dos seres deste planeta, onde a oposición intransixente de intereses moi escuros intenta boicotear por calquera método, inclusive chegar ata o golpe de estado , cousa que xa o intentaron o 11 de abril de 2002 co apoio de EEUU e o “amén” do ex-presidente de España Aznar, segundo os servicios de intelixencia venezolanos.

A Comisión Económica para América Latina (Cepal), informou no 2008 que Venezuela foi un dos países desta área que cumpriron co obxectivo de reducir a pobreza á metade, onde segundo datos da ONU a pobreza extrema afectaba ao 7,8 por cento da poboación en 2007, fronte ao 21 por cento do 2002.

En isto está a clave do proceso venezolano, o que interesa e machucar por parte desa clase financeira e multinacionais o rumbo político de Venezuela de rachar co sistema neoliberal-salvaxe que está caduco. Cousa que estes políticos da mentira non van a consentir que este exemplo invada parte de Sudamérica. Poden usar os métodos pola vía institucional e democrática para acadar o poder sempre e cando o pobo lles de a súa confianza, moi ben; senón leña ao mono como sempre fixeron, usando a razón da forza ignorando a forza da razón. ¡Cómo!, usando os métodos tradicionais que a CIA coñece moi ben, onde a lexislación actual de EEUU, herdanza de Bush, faculta ao presidente a ordenar o asasinato dun mandatario estranxeiro, no caso de que a seguridade nacional do imperio véxase ameazada por estes (Chávez, Correa, Evo, Lula etc...) “diaños marxistas”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES