Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Protección animal

martes, 07 de noviembre de 2023
Penso que todo ser vivo ten a súa razón de ser malia que algúns seres humanos se non naceran nada se perdería. Algunhas espécies proliferan máis ca outras e a Natureza establece as súas própias leis co gallo de manter certo equilibrio que moitas veces, máis das desexadas, se racha polos animais que se cren no cumio da pirámide da evolución: nós, os seres humanos ou animias racionais como cobizamos que nos chamen.

Moitos, a maioría dos animais son depredadores: necesitan matar para comer e xa que logo non matan sinxelamente polo simple feito de matar, polo pracer de facelo. Con todo o ser humano, que tanto evolucionou, mata por gusto e diversión. Por iso é necesario establecer unhas normas que impidan que o martirio dun animal se converta nun espectáculo festivo ou que o ser racional torture a outros seres vivos que considera inferiores, por debaixo da orde evolutiva. Pero todo isto ten evidentemente os seus matices.

A chamada outrora "festa nacional", as corridas de touros, que moitos definiron como cultura e tradición (tradición tamén era a execución pública dun reo), sempre a considerei acultural e como unha burda e estúpida tradición o mesmo que o "touro de Tordesillas" ou tirar cabras dende un campanario. Certo que hai xente para todo pero eu celebraría que houbera cada vez menos xente para estas cousas.

O outro día alguén me contaba que diante da presenza dalgunha rata no municipio Protección animal(non vou dicir onde porque estas cousas sempre hai que constatalas e non é recomendable poñer o carro denantes cos bois) foi ao Concello para ver se había forma de controlar esa proliferación de roedores e isto recibiu por resposta: "saiba vostede que todos o aminais vertebrados están protexidos por lei, incluídas as ratas". Quizá mofándose da lei. O home di que quedou dunha peza.

A ver: as ratas de alcantarilla, transmisoras de moitas enfermidades, non teñen depredadores e xa nin os gatos se atreven con elas. No subsolo das cidades hai máis ratas que habitantes na superficie e reprodúcense masivamente. ¿Que facer pois? ¿as esterilizamos? En puridade ninguén podería ser sancionado por eliminar a unha rata na súa casa ou no seu entorno cando por outro lado douse carta branca á batida de xabaríls sen limitación algunha cando hai moitas máis daquelas que destes. De aí os matices.

Non coñezo toda a letra da Lei de Protección Animal. Irei a por ela. Aforcar aos cans que xa non lles serven a uns donos desaprensivos ten que ser sancionable con ou sen esta lei de por medio, o mesmo que abandoalos na rúa a súa sorte pois algúns seres humanos só entenden pola vía da sanción. A escola, a educación, é fundamental en isto como en case todo.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES