Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 02 de noviembre de 2023
Cos lobos de Kevin Costner

Bailei con lobos na película de Kevin Costner. En nunca tal me vira. Foi John Barry o que me dixo que me puxera a bailar sobre os seus temas musicais. Bailei por entre os cactos do deserto e por entre os ríos e penedos do Far West. Os lobos, por suposto, non tardaron en ser amigos meus. Eu son fácil de levar.
Foron os lobos os que me deron a entender de que non me metese cos indios. Que non tiña porqué. Que eran boa xente e que, por iso, eran acosados e perseguidos. Pingas de Orballo Ás boas xentes sempre se lle buscaron as pulgas, as beiras. Eu, como son de bo corazón, fíxenlle caso ós canis lupus e seguín a bailar baixo a batuta de John Barry.
No medio do baile xa era tan amigo dos indios coma dos lobos, polo que Kevin Costner tivo que cambiar o guión. Sentinme libre coma o vento e durmín moitas veces baixo as estrelas. Os indios chamábanme irmán e os brancos, traidor. Os lobos lambíanme as mans e a cara.
Na realidade chámome Secundino Galpón, O Famento. Son fillo de Corona e Samuel, Os do Outeiro. O alcume xa me vén de bebé; seica non deixaba a teta da nai nin a goma elástica do chupete. E como famento que son quixen probar todas as comidas do mundo. Tamén o que comían os indios. De aí que estea bailando cos lobos de Kevin Costner.
A pesar de que nunca me vexo saciado, farto, non chego ós 60 quilos. Quizais esta sexa a causa de que lle caera tan ben ós lobos. Como ían perder o tempo rillando os ósos! Fixémonos amigos e penso que foi a mellor solución. Agora, como visto e calzo coma os indios, nótaseme máis a osamenta. É igual, eu sigo bailando cos lobos de Kevin Costner.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES