Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 01 de noviembre de 2023
Pousar a corna

Pousei a corna para soñar con anxiños. Pobre infeliz! Están os tempos coma para ilusionarse con anxos e trasnos e gaitas. Está o mundo que rebenta de carraxe e no que estouran as bombas. Os cabalos dan couces e os voitres esgarran a prea, a calaza da paz. Esa paz que está podre e que fede por todos os recantos do noso planeta.
Pingas de Orballo Pousei a corna para imaxinar un mundo mellor. Alma cándida! Os corvos abusan e violan baixo unha ave maría católica. As cobras envolven a presa e asfixian o entendemento. Os lobos oulean e o cazador séntese cazado. Na cazaría cada quen dispara a esgalla, aínda que as auténticas bestas espreitan, axexan para amolar as lembranzas.
Pousei a corna para durmir sobre unha abrandada almofada. Inocente, que son un inocente! Quen dorme con estes pensamentos que bulen e rebulen desde a distancia. Esa distancia que vai de aquí ós campos de batalla. E hai uns cantos; nos que os berros, as ansias, as dores, o sangue, a morte están á orde do día. Mentres os auténticos voitres voan en círculo sobre a presa, sobre as presas.
Pousei a corna para soñar que soñaba, para imaxinar que imaxinaba unha paz eterna e duradeira. Pobre paspán! Os tempos non teñen memoria e seguimos dálle que dálle a ese odio que envelena as veas, que arrasa coas ideas e que nos leva a guerras eternas. Agora, a ver quen dorme con estas imaxes que encadean unha pena detrás dunha mágoa, unha aflición detrás dun pesar. Pousei a corna para quedar cos ollos abertos e en silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES