Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Supernormales

miércoles, 01 de noviembre de 2023
Supernormales é unha obra escrita por Ester F. Carrodeguas e dirixida por Iñaki Rikarte. O texto foi escrito no marco do programa de Residencias Dramáticas del Centro Dramático Nacional. Trata, con humor e ao mesmo tempo con rigor un tema polémico que, nos últimos tempos, ten provocado fondos debates no campo da diversidade funcional: asistencia sexual.

Sempre pensei que o teatro nos axuda a desdramatizar determinados temas que, se cadra, hai que acometer para cubrir necesidades plenamente humanas. Esta obra trata o tema da sexualidade e a diversidade funcional dende todos os puntos de vista sen evitar os mais polémicos e faino con humor como bandeira.

Todas as dúbidas que a sociedade ten sobre este tema aparecen reflectidas na obra co máximo respecto pero sen perder o sentido do humor. Así, por exemplo, xurde o dilema de quen pode ser usuario de asistencia sexual e quen non, poñendo condicións un tanto absurdas. Tamén se reflexiona sobre se determinados traballos que se poden percibir como denigrantes son aceptables se se elixen en liberdade.

Sorprendeume gratamente o apoio total do público á obra e recoñezo que en determinados momentos tiven medo a que alguén se erguera indignado no patio de butacas. Non en tanto coido que tratar o tema con sensibilidade e humor axúdanos a debuxar unha realidade que existe por máis que tentemos ignorala. Esta realidade esixe unha resposta dende diversos campos. Tarde ou cedo vaise dar. A clave é que sexa unha resposta inclusiva, naturalizada, segura e sobre todo que teña en conta as necesidades emocionais.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES