Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha planeadora

martes, 17 de febrero de 2009
Nunha praia de Nigrán apareceu unha planeadora de dimensións insólitas utilizada para o transporte de droga e da que en principio non se coñecía propietario nin procedencia.

Planeadora, droga e moitos outros temas que parecen imposibles de clarificar resultan para a xeralidade das persoas cuestións suficientemente claras para que a sociedade tome cartas no asunto e lle dea solución valente e definitiva.

As planeadoras que aparecen abandoadas, queimadas ou averiadas teñen que ter un fabricante, haber sido adquiridas nun lugar determinado, gardarse en instalacións á vista de todos, e os axentes da orde seguro que poden averiguar moi axiña de onde procede, cando se mercou e a quen pode pertencer calquera vehículo atopado.

O mesmo -aínda que sexa infinitamente máis difícil- ocorre coa droga. Droga coa que se trapichea en lugares públicos, consumidores doados de identificar que poden levar a través dos subministradores pola cadea de comercialización. Pero fan falla, sobre todo, decisións legais sobre o tema, sexa a liberdade de consumo ou o contrario, pero non pechar os ollos á realidade. Efectúanse accións, perséguese o narcotráfico, hai unha fiscalía especial. Pero non hai a nivel superestatal decisións e políticas activas coordinadas para darlle solución a un problema que arruína milleiros de familias, que destrúe infinidade de persoas e constitúe un gravísimo problema social.

Se en lugares pequenos da costa onde todos se coñecen quen máis quen menos sabe a que se dedica cada quen, a sociedade ten mecanismos e servizos abondo para poñer orde nun sector no que a maior necesidade é claridade para chegar ó fondo, ó cerne, do problema da droga.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES