Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dividendos da guerra

jueves, 26 de octubre de 2023
Arrepía o fragor da nova guerra no Medio Oriente. As vítimas civís cóntanse por miles e todo indica que nos esperan días amargos, moi especialmente en Gaza, á espreita da vinganza israelí. Se a crise humanitaria adquire xa grandes proporcións, o peor está por vir.

Iso que pomposamente chaman "comunidade internacional" reaccionou rapidamente condenando o ataque de Hamás e con igual rapidez puxo en marcha a munición política Os dividendos da guerrae a estritamente militar, esquecendo a represión, o apartheid e o terrorismo de Estado aplicado a diario polo réxime de Netanyahu así como o soterramento do proceso de paz e o atraso na resolución da cuestión palestina de forma xusta.

Á cabeza da reacción, o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, quen sen titubear se amosou disposto a aumentar de contado a asistencia militar adicional a Israel. Os primeiros envíos precederon á chegada á zona do secretario de Estado Blinken.

Dende fóra da "comunidade internacional", incluído boa parte do Sur Global, instouse unha resposta máis racional e responsable despois do ataque inicial consistente en pedir a todas as partes a máxima moderación e calma e lograr un alto o fogo canto antes. E tamén apoio humanitario ao pobo palestino.

O complexo militar-industrial dos Estados Unidos está de noraboa. Frotaranse as mans, con certeza. Compre avivar as chamas e seguir escalando na violencia. De feito, como cabía esperar, o rendemento das accións de defensa estadounidenses cotizou á alza esta semana. O aumento de case un 9 por cento das accións de Lockheed Martin o luns 9 foi o maior para o maior contratista de defensa estadounidense dende marzo de 2020. As accións de Northrop Grumman tamén tiveron o seu mellor día dende 2020.

O conflito promete aumentar o valor da fortuna dos vendedores de armas. Os cinco grandes xigantes do complexo militar-industrial (Lockheed Martin, Boeing, Raytheon, General Dynamics e Northrop Grumman) son insaciables, a pesares de ter garantidos miles de millóns de dólares cada ano en contratos co Pentágono.

Na guerra entre Rusia e Ucraína, esta última converteuse no terceiro maior importador de armas do mundo en 2022, ocupando o quinto lugar entre os principais destinos de exportación de armas dos Estados Unidos, segundo os datos de Statista. Ademais, o Departamento de Estado dos Estados Unidos informou en xaneiro de que as vendas militares directas de empresas estadounidenses aumentaron un 48,6 por cento ata os 153.700 millóns de dólares no ano fiscal 2022, desde os 103.000 millóns de dólares no exercicio fiscal 2021, en gran parte debido ás vendas de armas a Ucraína.

E logo está todo o cúmulo de escenarios de tensión por todo o mundo no que tanto contribúe cun esforzo denodado a que, naturalmente, non se implementen as dinámicas de paz. Agora, á vista do acontecido no Medio Oriente, a Casa Branca sopesa solicitar ao Congreso agrupar os fondos para Israel cos de Ucraína, e tamén Taiwán, en previsión de que poidan xurdir múltiples continxencias no curto prazo, dixo o subsecretario adxunto principal de Defensa dos EUA para Asuntos de Seguridade do Indo-Pacífico, Jedidiah Royal.

En lugar de investir no mantemento da paz mundial, os EUA, alá onde poden, alimentan a escalada en beneficio dos seus intereses estratéxicos e, moi especialmente, para enriquecer o seu complexo militar-industrial. O custe en vidas humanas pouco importa. Sen guerra, sería difícil para estas empresas manter os seus negocios. Pero depender das guerras para conseguir pedidos suficientes é explosivo para o mundo.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES