Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 26 de octubre de 2023
Polos camiños

Levei o sorriso aberto polo lado dereito da aurora. Duroume pouco porque non son nin de dereitas nin de esquerdas. Tampouco do centro. Son o asubío que entoa no luscofusco do outono. O tempo pon a cada un na súa galla de carballo e os soños son delgados coma os caxatos do temoeiro. Xungo a un grilo cun escornabois e apóñoos ó carro da intelixencia.
Pingas de Orballo Á metade do camiño collo a carreira do medio para que ninguén meta a política en concerto. Tampouco pasaría nada; todos sabemos que todos os políticos cantan por soleás. Atopo o niño dunha azulenta e vexo que os ovos son da capadura dun cabestro.
Paro a beber. Auga de mel con flor de toxo; e silencio no cortello do entendemento. Ese no que non se entende nada por moito que se explique todo. Que alguén furgue polos regos do nobelo. Ergo, levanto de beber e collo o camiño do silencio con valados cheos de ruído: do pardal que pía, do grilo que canta, da vespa que zoa, do lobo que oulea, do can que ladra e da doniña que ataca. Agora cada quen que suba a un castiñeiro e que baile.
Cheguei á fin do camiño. Alí estaba sentada, á sombra dun codeso, a inocencia da tardiña. Había pouco que o toque a releixo vagaba polas leiras de centeo. De alguén que marchou. De alguén que xa non volve. Eu si teño que volver polo camiño que collera, é dicir, pola carreira do medio. Así, a miña independencia é miña e non lle deberei nada a ninguén. A ninguén.

Estirando a pata

Estirei a pata, e quedei descansado. Non pensedes que morrín, non. Simplemente que levaba moito tempo coa perna esquerda encollida e xa me estaba collendo postura. Mellor estirala un pouco; estendela, estarricala. O de morrer vai para máis alá do tempo. Máis alá dos 100, polo menos. Aínda me quedan uns cantos Mundiais de fútbol por ver. Ou escoitar. Porque, a vista, xa veremos.
A pata levaba encollida, engruñada moito tempo porque se me deu por aí. Dixérame: Pingas de Orballo a ver canto aguanto. E aguantei moito, moito tempo. Deica que notei que podía coller postura e, claro, se quero vivir tantos anos, non podo permitirme o luxo de quedar coxo, ou tollido, ou eivado, ou impedido, ou paralítico. É verdade que isto é o de menos, que o caso é vivir, aínda que sexa nunha cadeira de rodas ou encamado. A min, mentres non se me enferruxe a cabeza, mentres me sirva o entendemento, o sentidiño... coma se teño que vivir colgado dunha galla dun carballo das Mestras.
Cando por fin estarriquei a perna, notei algo así coma un estralo que pensei que xa quedaría tollido dela. Por forte só foi iso, un estralo, un estalido. Nun amén, nun credo, nun dicir Xesús empecei a movela ó compás do tema musical que estaba soando. Xa non lembro cal era, pero é igual. O caso é que non me atacou a cambra. "O insomnio dunha noite de verán". Que? Que ese tema de Milladoiro era o que bailei coa perna esquerda. Mover movín as dúas ó compás, pero interesábame máis a esquerda. Non tardou en semellarse a unha perna de Mikhail Baryshnikov.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES