Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 25 de octubre de 2023
Graciñas, Mestre

Moitas veces poño o café de escusa ó problema do meu insomnio. É certo que algo de culpa ten. Pero o auténtico gran culpable de que eu, hoxe, bote horas para quedarme durmido é de Carlos Pumares, ese crítico cinematográfico que nos deixou ós 80 anos o pasado día 12. Nunca vin nin escoitei a alguén que soubese tanto de cine. Auténtica enciclopedia cinematográfica.
Pingas de Orballo Nos anos 80 do século pasado, co seu programa radiofónico "Po de estrelas", foi onde eu pasei de ver cine a saber algo máis de cine e, aínda o máis principal para min, a saber de música. Porque Carlos Pumares, a maiores de falar de cine, puña música, principalmente bandas sonoras, que me descubriu a compositores e autores que nin sabía que existían. Recordo especialmente os venres (creo), no que non recibía chamadas telefónicas no seu programa e dedicábao enteiro á música. Ás veces asomaba con cada cousa que me deixaba abraiado. Lembro unha vez que fixo un especial sobre actores que cantaron, aínda que só fose unha vez na súa vida, e aparecían estrelas cinematográficas que ninguén se imaxinaba. Agora mesmo me vén á cabeza James Stewart. Ata creo que puxo un tema no que cantaba John Wayne. Así, actores deses que non nos cadraba que cantasen. Outro especial foi sobre Barbra Streisand no que me chamou a atención un tema no que ela puña a súa voz segundo os ruídos que saían de certos aparellos. Incrible! No faiado teño centos de casetes que gravei dese programa.
En cuestión xa de cine-cine, o que me asombraba de Carlos Pumares era a súa rapidez en contestar as dúbidas dos oíntes. De aí que dixera o de enciclopedia. Xa podían preguntarlle o que fose que, el, zas, contestaba ó momento, mesmo dicindo en que escena saíra tal frase, por exemplo. Era un máquina! Certo que, ás veces, contestaba de mala maneira, pero todo se lle perdoaba pola súa sabedoría.
Impresionoume tanto que o primeiro que fixen cando me vin de Madrid, foi meterme en Radio Maceda e facer un programa ("Fábrica de soños") do, exactamente, mesmo estilo; ou sexa, falando de películas e poñendo DVD's de bandas sonoras. Eu non fixen uso das chamadas telefónicas porque sabía que non valía para iso, que a miña sapiencia non era pumariana. Carlos Pumares, que a terra che sexa leve. E graciñas, mestre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES