Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos indo

jueves, 26 de octubre de 2023
As présas non son boas compañeiras.
As cousas ben feitas levan tempo.
A NAI NATUREZA DÁNOS BOS EXEMPLOS:
-UNHA ÁRBORE tarda en medrar varios anos. Ata as hai milenarias. E que bonitas son!!! E cantas ensinanzas nos dan!!!
-UHA COLLEITA bota tempo na terra antes de dar froito.
-O SER HUMANO tarda 20 ou 30 anos en ter autonomía para defenderse pola súa conta, se todo vai ben.
A EVOLUCIÓN AÍNDA É UN PROCESO MOITO MÁIS LENTO...
Eso que din que os humanos temos 3500 millóns de anos de existencia.
Hoxe somos: HOMO SAPIENS, SAPIENS; pero aínda así:
-A RODA: descubrímola no ano tres mil cincocentos antes de Cristo.
-O LUME: tardamos cerca de millón e medio de anos en descubrilo.
-AS COCIÑAS ECONÓMICAS OU BILBAÍNAS apareceron en 1845 d. de C. cando empezou a fabricalas unha empresa de Bilbao.
-AS COCIÑAS DE BUTANO EN GALICIA: apareceron a mediados do século XX. Hoxe en día xa as usamos ELÉCTRICAS: VITROCERÁMICAS, DE INDUCCIÓN, MICROONDAS...
-A ELECTRICIDADE: non a descubrimos ata o século XV da nosa Era.
A persoa que está escribindo este artigo aprendeu a ler á luz do candil.
O CANDIL era un recipiente de forma esférica onde almacenaba o gas e levaba un pitorro polo que saía unha mecha de tea humedecida no gas que era por donde alumeaba.
Tamén tiña un gancho para colgalo da cambota de chemeneia nas cociñas labregas.
Nas festas da miña infancia, as rosquilleiras alumeaban con luz de carburo.
E para ir dunha casa á outra do rural galego alumeábamonos con pachuzos ou con tizóns se o treito era pouco.
Pode que alguén se pregunte:
¿Qué é un PACHUZO?
Pois un manoxo de palla de centeo, trigo ou avea atada con varias ataduras que se lle prendía lume nun extremo e íase sacudindo para que collera osíxeno e non se apagara ata chegar ó lugar de destino.
¿A que le chamamos un TIZÓN?
Cando se cociñaba na lareira con leña, un tizón era un pau gordiño que levaba lume nun extremo e usábase para ir á casa do veciño nas noites de inverno.
Había que sacudilo frecuentemente para que non se apagara.
Tamén había linternas de gas que estaban protexidas por unha carcasa transparente de forma de prisma cuadrangular.
Estas utilizábanas, principalmente, os homes para ir ó muiño de parceiros pola noite a moer o grao para facer o pan que se cocía nas casas labregas.
-A ESCRITURA TAL COMO A ENENDEMOS HOXE EN DÍA: tardou moito tempo; pero na antigüidade xa utilizaban xeroglíficos.
Hoxe en día xa se empregan as pantallas.
Con todo un manuscrito con letra bonita, di moi ben de que o escribe.
-A IMPRENTA: apareceu no século XV despois de Cristo.
O primeiro libro importante impreso en Occidente foi a Biblia de Gutemberg, que supuxo unha revolución naquel momento.
-OS ELESCTRODOMÉSTICOS APARECERON ENTRE NÓS: no século XX.
-O PRIMEIRO TELÉFONO MÓBIL apareceu en 1973.
En España empezou a utilizarse tres anos despois.
Hoxe é unha ferramenta que utilizamos todos.
-INTERNET apareceu polos anos sesenta do século pasado; pero nas casas introduciuse trinta anos despois.
Hoxe en día fanse a maioría das transacións por este medio.
A EDUCACIÓN E A CIENCIA VAN DESCUBRINDO NOVIDADES QUE CONTRIBUEN Ó NOSO BENESTAR.
O benestar material é moi necesario pero tamén debemos ir evolucionando no tocante a mellorar as relacións humanas.
PARA CONSEGUILO DEBEMOS CREAR CADA DÍA MÁIS FRATERNIDADE ENTRE TODOS.
Como somos moi diferentes, o proceso é lento, a veces: moi lento.
Pero a pesar das diferencias, temos moitas cousas en común:
- A orixe.
- O aire que respiramos.
- O Sol que nos da luz, calor e vida.
- A casa común na que habitamos...
E moitas, miotísimas cousas máis.
FORMAMOS PARTE DUN TODO e deste xeito imos evolucionando aínda que sexa de modo lento porque, pouco a pouco imos comprendendo que compartindo coñecementos e adiantos, enriquecémonos todos.

"COMPARTINDO: ENRIQUECÉMONOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES