Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que se noten eses 600 millóns!

lunes, 23 de octubre de 2023
Están de actualidade, acabados de sacar do forno. Os orzamentos da nosa Comunidade para o ano que vén. Destacan os de sanidade, a onde seica se destinan un terzo dos mesmos, dos que, semella, que uns 600 millóns de euros vén para Ourense. Que Que se noten eses 600 millóns!bonito! Pois a ver se é verdade. Porque a sanidade en Ourense deixa moito que desexar. Principalmente nas urxencias.

Por desgraza levo un tempo no que vexo un auténtico caos, un lugar que semella máis un campo de batalla que un hospital. Enfermos nos corredores, en camas que semellan ladrais con estadullos atravesados sobre os que están deitados os enfermos, as vítimas. Os acompañantes, moitos, non teñen nin onde sentarse. Cheguei a ver ata a unha enfermeira vendo como se sentaba sobre unha cadeira medio escarallada. Moscas sobre caras de enfermos que non conseguen espantalas. Boxes que te mandan a eses hospitais de campaña que se erguen nun chiscar de ollo ante unha guerra ou desgraza. Imaxe máis que terceiromundista. Menos mal que o trato dos profesionais é iso: marabillosamente profesional. Estou seguro que ata a eles mesmos, ó ver tal desorde, tal descontrol, tal caos, se lles irá un pouco a alma ós pés.

Fixo que, agora, o señor Rueda, a carga cerrada, dunha vez por todas, sen voltas, arranxa, soluciona as esperas. E os enfermos, en menos que canta un grilo, subirán para planta onde, só con entrar pola porta da habitación, xa curarán un dez por cento. Quen non sanda pasando dun cubil a un hotel de varias estrelas? Veña, señor Rueda, que se note que eses 600 millóns valerán para facerlle a vida máis levadía ó pobre enfermo. Hoxe por hoxe, e repito, dígoo por experiencia, as urxencias ourensás poñen ó enfermo nun punto practicamente agónico.

Agonía é a que pasaron, a que pasan e a que pasarán os pobres palestinos. A estes, malpocados, non lles chega cos depredadores israelitas e teñen que aguantar, aturar, apandar coa ineptitude dos países occidentais, que nos lles importa mirar para outro lado. Que digo outro lado!; miran ben, porque só miran para o que ditan os Estados Unidos. E todos sabemos que tanto monta, monta tanto Isabel coma Fernando. E aquí, no noso país, aínda hai moitos, a gran maioría, que ferven en pouca auga porque non arrimamos o ombreiro coma eles quixeran. Vivir para ver e crer.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES