Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 24 de octubre de 2023
Con elas topamos

Tanto adianto, tanta tecnoloxía, tanto teletraballo ou traballo a distancia e resulta que os paisanos temos que contratar xestorías para lograr citas previas coa administración. E logo! Como debe der! Desde que existen as administracións estas fan e desfán ó seu antollo; que sexa o pobre paisano de a pé o que se busque a vida... perdendo horas de tempo e, como non, perdendo a paciencia. Se antes saltabamos coa Pingas de Orballo ladaíña de que coa igrexa topamos, agora cambiaron as tornas: encontrámonos coa administración. E deixa caer a crítica un que foi funcionario toda a vida. Sei, polo tanto, do que falo.
É verdade, o lastre da igrexa aínda está aí. E seguirá estando. Quizais con non tanta forza, pero chégalles ben. Hai uns días un colexio relixioso concertado de Granada (ollo, concertado), prohíbelle ás nenas levar faldra. Non vaia ser que ensinen a cova do inferno (que grazas a esa cova existen eles). Xa non digo nada dos escotes porque igual as excomungan. E moito coidadiño coas vestimentas dalgunhas; que da bruxería á inquisición hai menos dun amén.
Como se ve, dúas das grandes institucións da nosa sociedade seguen armando das súas e andando coma Pedriño pola súa casa. Se ven que se forma moita protesta, moito barullo, cambian dous ou tres puntos e todos contentos: a administración atende de dez a once e a igrexa pasa dos colexios ós campamentos, por exemplo. O caso é mandar, dobregar e asoballar ó paisano. Como debe ser!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES