Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando a vida nos cerca

miércoles, 25 de octubre de 2023
Na nosa sociedade transmítesenos a idea de que "se queres podes". De que sempre hai unha oportunidade para quen a busca. De que temos que traballar para seguir adiante. Neste sentido naceu a falacia da igualdade no punto de partida (nin no camiño nin na fin). Logo descubrimos que non existe o punto de partida xa que vimos de xeracións e arrastramos as posicións sociais que estas adquiriron. Perder a posición é moi fácil, gañala é case imposible.

Se na nosa sociedade nos marca o berce no que nacemos, noutras alturas o que marca é o grao de sometemento do país a entes externos. Estes entes poden ser de carácter colonial, sometementos económicos a recursos foráneos ou ben a explotación dos propios recursos por potencias superiores militarmente ata a súa extinción. O caso é que hai persoas e pobos que viven nun cerco do que non poden saír e non poder saír significa perder o dereito á educación, á sanidade ou ao traballo, é dicir, perder os dereitos humanos.

Isto permítese en distintas partes do mundo coa complicidade da comunidade internacional e dos países que trazan o seu rumbo. Ante esta situación hai moitas causas e un pode analizar os motivos da reclusión a ceo aberto e chegar a compartilos ou non. O que está claro é que se non podes saír dun determinado territorio á procura de recursos negados este territorio convértese nun campo de concentración, xa que as persoas que están nel non poden elixir outra situación.

Que fariamos nós se a vida nos cerca? Pois actualmente o mundo está consentindo varias murallas que negan os dereitos humanos a pobos sen recursos. Ao mellor hai que empezar a falar máis de violencia estrutural para evitar outro tipo de violencias. Quen condena debe condenar todo, se non o que fai é eternizar un conflito.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES