Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 20 de octubre de 2023
"Aquí"

Rara é a ocasión na que non diga "aquí estou". Pois aquí estou. E non estou en ningún outro lugar. Tampouco estou na seguinte mesa na que estou. Hai dous minutos que cheguei a esta. Dentro duns cantos máis marcharei e deixarei de estar aquí. Estarei por aí... camiño da casa.
Agora mesmo estou aquí. Tomando un café. Facendo que escribo. Contemplando a televisión; máis en concreto o partido Alavés-Osasuna. Vai ganando o Osasuna cun Pingas de Orballo golazo que, se o marcara un xogador do Madrid, por exemplo o Bellingham ese, xa tiñamos tema para toda a semana, pero marcouno un tal Arnáiz que, pobre, xoga no Osasuna.
Aínda sigo aquí. Escoitando ás que falan á beira. Vendo como pasan os coches e, sorpresa, sen ningunha pomba por entre as mesas! Un auténtico milagre! Imaxino que será polo cambio de tempo. Os animais non son parvos e saben moi ben cando acollerse.
Desde aquí comento que escoito diversos temas musicais e que acabo de aguantar o ruído dunhas motos. Deses ruídos tan molestos que... se pillo ó condutor... xa podedes imaxinar. Escoitei tamén o ruído dun bico que unha nai lle acaba de pousar na meixela a súa filla. Estes ruídos non molestan. É máis, emocionan. Porque onde estea o bico dunha nai que se quiten todas as Ducatis do mundo, por exemplo.
Agora si; son as cinco e media da tarde e deixo de estar aquí porque me vou para alá. Marcho, que teño que marchar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES