Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ardendo

miércoles, 18 de octubre de 2023
Cando escribo, Israel está a punto de invadir Gaza, Gonzalo Caballero renuncia ás Primarias, comeza a chover e rematou o San Froilán. Xa estamos, de novo, en faena.

As cálidas festas tivéronnos absorbidos, e para completar esa abducción os técnicos aplicáronlle ás músicas similar incremento de decibelios que o mercado aplica á cesta da compra. O son foi especialmente horrísono na Mosqueira e na Praza do Seminario, de xeito que os espectadores sensibles percibíamos no peito impactos sonoros físicos, tendo que alonxarnos douscentos metros para escoitar axeitadamente os altofalantes.

Remataron as festas; recuperarémonos das agresións sonoras. Comeza a chover; volvemos a crer no outono. Vaise Caballero; a gran esperanza bermella ten o camiño libre. Hai guerra na terra de Deus, e non hai deus que sexa quen de parala.

Non cadran as contas: Ser terrorista non equivale a ser parvo. Un terrorista aplica o terror selectivamente para manter os apoios ou tolerancias, por iso non entendo que Hamas desatara contra Israel un ataque masivo sangrante, repugnante e pensase saír ben do intento.

Os peor pensados poden cavilar que foi un desatino de extremistas israelís para xustificar outro desatino masivo. Os non tan maquiavélicos, poden estimalo o primeiro acto dunha traxedia á que poderían sumarse outros países da contorna, tentando borrar Israel do mapa. Pero aplicando o sentidiño que os galegos vimos herdando, non se lle ve sentido ao desafío, doéndonos dos inocentes que o sufriron, e dos que sufran un virapau descomunal, sabendo de parte de quen hai que poñerse, e de que o imperio da razón non é a razón da forza. Empeza o frío, pero esto está ardendo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES