Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como Cura-Párroco pido retirar as referencias a Israel da liturxia por 'matar e violar os dereitos humanos'

lunes, 16 de octubre de 2023
A miña petición prodúcese a raíz da dos bombardeos indiscriminados contra GAZA e matando a xente civil... sin admitir os feitos terroristas de Hamas.
Eu Luís Angel Rodriguez, en calidade de cura- párroco pido suprimir a palabra Israel das celebracións eucarísticas, en repulsa polas actuacións do Estado sionista.

Luis Rodríguez, cura de Xestoso, en Guitiriz

Segundo explico como crego, "o nome Israel procede dun pasaxe da Biblia, onde o patriarca bíblico Jacob, logo de loitar durante toda a noite contra un misterioso adversario e vencelo, provocou a admiración do mensaxeiro divino, que o bendixo e cambioulle o seu nome polo de Yisra'el, é dicir, «O que loita con Deus» (Xénese, 32:28-30). Por iso, as tribos que se confederaron e recoñeceron como descendentes de Jacob chamáronse a si mesmos «Fillos de Israel» ou «israelitas»".

Ora ben, como crego argüío que "aínda que esta sexa a súa acepción e non teña nada que ver co Israel que mata e viola os dereitos humanos", considera que "todos os sacerdotes que non queiran ferir aos fillos de Deus que aman a paz e que respectan a autodeterminación do pobo palestino" non deberían mencionar a palabra Israel nas súas celebracións, "e menos cun sentido de pobo que ama a verdade ou como a nova igrexa".

"Isto mesmo fixémolo algúns sacerdotes en relación coa violencia de xénero e o machismo de moitas celebracións e en especial de oracións", expliquei éste fin de semán.

Estas manifestacións prodúcense a raíz da ameaza de Israel de un bombardeo total e invasión de Gaza, denunciando o bloqueo que ten a o Pobo sin poder cubrir as necesarias máis elementaisl, en defensa do pobo palestino (non de Hamas) e o boicot aos produtos israelís.

XESUS naceu en Belén (Palestina)

Creceu en Nazaret (Palestina)

Morréu en Xerusalén (Palestina).
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES