Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tristes guerras

miércoles, 18 de octubre de 2023
Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes guerras.

Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.

Este fermoso poema de Miguel Hernández percorre a historia en perenne actualidade. Sempre crin que os libros e, especialmente, os poemas teñen tantas historias e tantos significados como lectores. Obviamente hai unha historia fundamental: a que del conta a autora ou o autor pero a sorte do poema (e da autoría) é poder viaxar de man en man e provocar emocións que fagan agromar novas historias.

Para min, "Tristes guerras" garda o nome de Xesús R. Jares que nos agasallou con el nunha daquelas aulas que gardo no corazón. Nelas falábamos de violencia estrutural (Galtung) como xermolo da violencia directa. Non a xustificaban (nin Galtung nin Jares) pero analizaban os precedentes das terribles consecuencias. Neste sentido, Galtung afirma que chamar paz a unha situación dominada pola necesidade e a falla de recursos é unha parodia da palabra paz.

A raíz de coñecer o termo de violencia estrutural, ante unha guerra, pregúntome onde están os recursos e a quen se lle negan. Non tomo partido ou si (se me dá a gana) pero teño outras ferramentas para valorar a realidade.

O que si sei é que a violencia estrutural sempre é un desfiladeiro cara os máis crueis conflitos e que, actualmente, vivimos nun mundo de tristes guerras.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES