Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 13 de octubre de 2023
Non querer ser eu

Algunhas veces quixen estudar a posibilidade de non querer ser eu. Pero sempre houbo algo que me botaba para atrás. Polas noites soñaba ser Amancio Liandro, O Carroucho, que tiña fama na vila de moi madrugador para marchar a rozar un carro de toxos. E marchaba todos os días. Menos mal que o monte comunal era grande e cando estaba a piques de rozalo todo, xa volvía ter toxeiras por onde empezara. Botábame para atrás máis o fouciño que o de madrugar.
Pingas de Orballo Quixen ser Eusebio Liaño, O Estadullo, porque tiña un coche deportivo, vermello e cabriolé. Mentres que eu tiña unha bicicleta con tan só un pedal. Só me valía para botarme costa abaixo. Para arriba tiña que empurrar nela. Tampouco tiña cartos para mercar só que fose unha moto. Entroume tal impotencia que quixen ser capador e, por unha vez, o fun!... castreille as catro rodas do cabriolé. Que se foda!
Un día de verán, que estaba na piscina da mesma vila, desexei ser Michael Phelps para baterlle os seus propios récords, pero resulta que non sei nadar. Aínda que disfrazase ou camuflase a Oliverio Suárez, O Peixe (o mellor nadador da vila) pouco lle rañaría ós récords de Phelps. Mellor estar quietiño e deixar pasar o asunto.
Ante tales imposibilidades, outra noite pensei que mellor estaba como estiven e como estou. Que son feliz así e que son como son. Non é moito cousa, pero... como diría aquel galego: éche o que hai!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES